Durante os vindeiros domingos, se representarán espectáculos teatrais ás 19:00 horas con entrada de balde.
Narón, 9 de Setembro de 2010.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá dende o domingo 12 de setembro o ciclo teatral Os domingos de Melpómene organizado pola asociación teatral O aturuxo de Melpómene en colaboración co Padroado de Cultura de Narón.
Os espectáculos, con entrada de balde, comenzarán ás 19 horas e a programación é a seguinte:
*Domingo 12 de setembro: Transilvania do Grupo Carfax Teatro (Culleredo)
*Domingo 19 de setembro: A porta das mentiras da compañía TEN (da Escola de Teatro de Narón)
*Domingo 26 de setembro: Longa vida a Martiño de Güimil do Grupo Escoitade (Valadares-Vigo)
*Domingo 3 de outubro: Conversas na cuneta mentres a vida pasa alá fora do Grupo O Trasno Novo Teatro (San Andrés de Comesaña-Vigo)
*Domingo 10 de outubro: O Método da asociación teatral O Aturuxo de Melpómene.
O ciclo pecharase con esta obra, dirixida polo dramaturgo naronés Jose LUis Prieto, gañador de varios premios Max de Teatro. Ó finalizar, entregarase a cada espectador un pequeño obsequio conmemorativo do ciclo teatral, e premiarase a fidelidade do públco co sorteo de dúas entradas para un espectáculo da vindeira temporada do Pazo da Cultura.
O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, agradeceu á asociación O Aturuxo de Melpómene o traballo que está a facer na dinamización e promoción do teatro en Narón e lembrou que para o Concello de Narón o teatro é a primeira institución cultural desta cidade. Pola súa banda, as representantes desta asociación agradeceron ó Padroado de Cultura o apoio constante ás súas iniciativas, sen o cal non sería posible levalas a cabo.