Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO ABRIRÁ NOVOS VIAIS PARA CONEXIONAR OS BARRIOS DE O ALTO E SANTA ICÍA
O goberno local acaba de adquirir novos terreos para urbanizar ambas zonas.
Narón, 6 de Agosto de 2010.- O Concello de Narón continúa co proxecto de conexionar interiormente os barrios do municipio, iniciado hai dous meses coa apertura do tramo da rúa Cangas, en O Alto. Segundo informou o Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, o Concello acaba de adquirir un terreno situado entre a rúa Tui e a rúa do Rosal, para poder urbanizar ese espacio. Esto permitirá que a zona coñecida como “Finca de Arzúa” quede totalmente conexionada cos barrios de Santa Icía e O Alto. Na mesma liña de continuar abrindo zonas ó tránsito de peatóns e vehículos, o Concello adquiríu tamén unha parcela contigua á rúa Martínez de la Rosa, en Freixeiro. Coa súa urbanización permitirase a conexión do parque do Río Freixeiro e a Estrada de Castela. O Concello ten previsto ademáis o asfaltado do camiño paralelo ó parque, dándolle un acceso directo á Oficiña Municipal de Turismo, situada frente á rotonda de Freixeiro. Con estas dúas adquisicións de terreos, o Concello “continúa na súa idea de abrir novos viáis para facer un Narón homoxéneo e conexionado. A esto temos que unirlle a futura apertura do Camiño da Torre e do túnel da rúa Virxe de Covadonga, que aumentarán aínda máis as comunicacións do interior da cidade”, sinalou o Alcalde engadindo que “este é o traballo no que se está a volcar o goberno municipal de Narón” resaltou Jose Manuel Blanco. Entre os proxectos pendentes de expropiación, o Concello ten prevista a unión nun futuro das rúas Pérez Lugín e Fene, no barrio de A Gándara. Tamén se traballa para a conexión das rúas Virxe de Covadonga e Roncesvalles, tal e como destacou o Alcalde de Narón. “Seguiremos traballando para eliminar esos fondos de saco e poder conexionar totalmente o noso concello”, declarou o rexedor municipal.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal