Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O ALCALDE DE NARÓN FOI NOMEADO COFRADE DA ENXEBRE ORDE DA VIEIRA
O ALCALDE DE NARÓN FOI NOMEADO COFRADE DA ENXEBRE ORDE DA VIEIRA
O galardón recoñece o traballo do Concello na recuperación da cultura e da historia do municipio.
Narón, 11 de Agosto de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, foi nomeado Cofrade da Enxebre Orde da Vieira no día de hoxe en Santiago de Compostela. O rexedor recibíu o premio otorgado ó Concello de Narón pola súa traxectoria de recuperación da cultura e da historia do municipio ó longo dos últimos 25 anos.

O Alcalde amosouse “orgulloso e honrado de recibir esta distinción, que coincide co meu traballo na delegación de Cultura do Concello, nos inicios da miña vida política”. Ademáis, Jose Manuel Blanco quixo resaltar a labor de outros compañeiros ó longo destos anos na Concellería de Cultura, que contribuíron á consecución deste galardón. “Quero destacar tamén o traballo feito por outros compañeiros que ocuparon este cargo, coma Elvira Fontán, Ana Muñiz, Pablo Mauriz, e a nosa querida e recordada Manuela Pérez Sequeiros”, declarou o Alcalde de Narón.

Ademáis dos antigos concelleiros de Cultura, Jose Manuel Blanco tamén destacou as diversas publicacións editadas sobre as raíces culturais deste concello, que contribúen a manter vivas as tradicións de Narón. “O traballo feito está recollido nos dous libros sobre a Historia de Narón, e tamén noutras publicacións sobre os Moliños ou a fábrica de moeda de Xuvia, por exemplo”, explicou o Alcalde.

A consecución desta distinción foi valorada moi positivamente por Jose Manuel Blanco, destacando que o galardón “sirve para poñer a Narón nun nivel de recoñecemento internacional, que xa obtivemos o ano pasado grazas ó historiador municipal Andrés Pena”, quen tamén o recibíu pero neste caso en Irlanda, en recoñecemento ó seu traballo a prol do celtismo galego.

A Orde da Vieira recoñece así o talante aberto e emprendedor do municipio de Narón, representado na figura do seu Alcalde, e a puxanza cultural e industrial experimentada por esta cidade, que xa é a oitava de Galicia en número de habitantes. Tamén se recoñece con esta distinción o patrimonio histórico e documental de Narón.


Acompañando ó Alcalde de Narón estiveron presentes outros membros do goberno municipal. Tamén asistíu o historiador municipal e membro da Orde da Vieira, Andrés Pena.

(Fotografía cedida por J. Cerdeira- Orde da Vieira)



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal