Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADO UN CURSO DE TÉCNICAS DE EXPRESIÓN ORAL EN GALEGO
De carácter gratuito, está aberto a tódala cidadanía.
Narón, 7 de setembro de 2010.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón, dependente da Concellaría de Cultura, e subvencionado pola Deputación da Coruña, a FEGAMP e a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria organiza un curso de técnicas de expresión oral que ten como obxectivo fomentar o emprego oral da lingua galega en diferentes ámbitos de uso: nas exposicións públicas (conferencias, presentacións de traballos,…), na atención ao público e na busca de emprego. Ademais, coa realización deste curso tamén queremos dotar das ferramentas necesarias ás persoas matriculadas no curso para defenderse plenamente nesta lingua nos diferentes ámbitos expresados anteriormente. O curso terá unha duración de 20 horas e terá lugar nas seguintes datas: O horario é de 17:00 a 19:00 horas. Lugar de realización: Centro de Formación Municipal Irmás Froilaz. O número máximo de alumnado que pode asistir ao curso é de 25, e seleccionarase por orde de inscrición. Para inscribirse no curso as persoas interesadas teñen que chamar ao teléfono 981337700 ext. 1516 (Adela); enviar un e-mail ao enderezo de correo do servizo a.pita@naron.es; ou ben inscribirse directamente no Servizo de Normalización Lingüística (na 5ª planta do Concello de Narón, Praza de Galicia, s/n, CP 15570 Narón (A Coruña)). Os bloques de contido que se impartirán son: Bloque 1: Falar en público 1. Medo, quen dixo medo? As barreiras da comunicación 2. Técnicas de comunicación oral 3. O estilo social: a empatía 4. Activo as orellas: a escoita activa 5. O noso corpo non só fala pola boca: linguaxe non verbal 6. Intelixencia emocional: corazón, cabeza, boca e palabra 7. Respéctasme e respéctote: a asertividade 8. A arte de conversar: convencer e persuadir 9. O discurso Bloque 2: Atención ao público 1. A atención ao público e a mercadotecnia 2. A expresión corporal 3. A expresión oral 4. Tipoloxía de clientela 5. A comunicación persuasiva Bloque 3: Busca de emprego 1. Como buscar emprego 2. A elaboración do currículo 3. A entrevista de traballo

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es