Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCATORIA DE AXUDAS PARA LIBROS DE TEXTO, COMEDOR ESCOLAR E TRANSPORTE UNIVERSITARIO
As solicitudes poden presentarse no Concello en horario de mañá.
Narón, 14 de Setembro de 2010.- O Concello de Narón mantén aberto o prazo de solicitude para optar a axudas escolares de diverso tipo. Os interesados poden obter información e presentar as correspondentes instancias e documentación no Rexistro Xeral do Concello (pranta baixa do Concello) ou no Servizo Sociocomunitario Municipal (1ª pranta do Concello) de luns a venres en horario de 8:30 a 13:00 horas. Actualmente existen tres tipos de axudas: para material didáctico e escolar, para bono bus universitario, e para comedores escolares. Esta última axuda estará aberta durante todo o curso escolar 2010/2011 mentres que o prazo de solicitude para as dúas primeiras finaliza o 30 de setembro (material escolar) e o 8 de outubro (bono bus universitario). Para optar a estas axudas, é necesario cumprir unha serie de requisitos relacionados co nivel de ingresos da unidade familiar, e cubrir unha solicitude xenérica, ademáis de aportar a documentación correspondente en cada caso. Pode consultarse na páxina web do Concello (www.naron.es) , no banner “Axudas escolares e outras subvencións”.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal