Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO CEDERÁ Á ASOCIACIÓN NUESTRA SEÑORA DE CHAMORRO DOUS PISOS TUTELADOS
Servirán para levar a cabo un proxecto de formación para a vida independiente dos seus usuarios.
Narón, 17 de Setembro de 2010.- O Concello de Narón cederá dous vivendas tuteladas á asociación Nuestra Señora de Chamorro (con sede en O Val, Narón), para que esta entidade poida levar a cabo un proxecto de formación para a vida independente dos seus usuarios. A cesión dos pisos se realizará unha vez que a asociación dispoña da autorización da Xunta de Galicia para desenvolver este tipo de actividade cos seus usuarios, e dunha subvención da administración autonómica –aínda sen solicitar- para a contratación dos monitores necesarios para levar a cabo este programa. O compromiso do goberno municipal con esta asociación foi comunicado hoxe por parte do Alcalde, Jose Manuel Blanco, á xerente da asociación Nuestra Señora de Chamorro, Rocío Coira. A este respecto, o primeiro edil apuntou que esta iniciativa ten o obxectivo de integrar na sociedade ás persoas con discapacidade intelectual. O goberno municipal quere continuar con este apoio posteriormente, contribuíndo a dotar ás vivendas dos elementos necesarios para ser habitadas. Os pisos tutelados que cederá o Concello á entidade están situado na urbanización Costa Coruña (ubicada na rúa Grove, no barrio de O Alto, xunto ó Concello). Para levar a cabo esta actuación, o Concello firmará un convenio coa empresa constructora Costa Coruña, propietaria do edificio. O acordo de aluguer estará vixente durante 2 anos, nos que o Concello pagará á empresa o aluguer mensual das vivendas que disfrutarán os usuarios da asociación Nuestra Señora de Chamorro. Os pisos en cuestión disporán dunha superficie útil de 45 m2, praza de garaxe e rocho. Este tipo de construccións está calificado coma vivenda-aloxamento protexido, e se complementan con diversas superficie públicas de uso comunitario coma portería, cafetería, lavandería, parque infantil e zona exterior de descanso. Actualmente, a asociación Nuestra Señora de Chamorro non dispón de recursos residenciais, motivo polo cal cobra maior importancia a posta en marcha deste piso tutelado. A entidade atende a 137 persoas con discapacidade intelectual (33 no Centro de Día e 104 no Centro Ocupacional).

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal