Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO POR CLUBES NAS CATEGORÍAS JUNIOR E CADETE
PRESENTACIÓN DO CAMPIONATO GALEGO DE ATLETISMO POR CLUBES NAS CATEGORÍAS JUNIOR E CADETE
Se celebra o sábado 25 de setembro, no Estadio Municipal de Río Seco.
Narón, 22 de Setembro de 2010.- A Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, presentaron hoxe en rolda de prensa o Campionato Galego de Atletismo, que se celebrará no Estadio Municipal de Río Seco o vindeiro 25 de setembro. Na convocatoria tamén participaron Ramiro Couce e María Romero, directivo e presidenta do Clube de Atletismo Sierra de Narón.

Agárdase a participación de 8 equipos masculinos e 8 femininos, cada un dos cales competirá con 1 atleta. Disputaranse o título de Campión Galego de cada categoría (junior e cadete). Representando á provincia de A Coruña estará o Clube de Atletismo Sierra de Narón, que participará cas categorías cadete mulleres, junior mulleres, e junior homes.

As probas terán lugar en xornadas de mañá (de 11:00 a 14:00 horas) e tarde (de 16:30 a 19:30 horas).

En conxunto, agárdase a participación aproximada de 500 atletas.

O Campionato Galego de Atletismo está organizado pola Federación Galega de Atletismo, en colaboración co Padroado de Deportes e o Clube de Atletismo Sierra de Narón.

A Concelleira de Deportes agradeceu hoxe á Federación que tivera elexido á cidade de Narón para desenvolver este evento deportivo de grande nivel. Na mesma liña expresouse Ramiro Couce, do Clube Sierra de Narón, quen calificou este campionato coma “unha proba deportiva que marca un hito histórico en Narón, e na que participarán varias promesas do atletismo galego”.

Pola súa banda, o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos, agradeceu ó Concello de Narón e ó Clube Sierra Narón o seu apoio para que a cidade poida acoller, dez anos despois, o segundo Campionato Galego de Atletismo, clasificatorio para o Campeonato de España.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal