Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CAMPAÑA DE PROMOCIÓN DA LINGUA GALEGA ENTRE NENOS E NENAS DE 0 A 3 ANOS DE IDADE
Os pais/nais e educadores poden descargar recursos educativos en galego nesta páxina web.
Narón, 22 de Setembro de 2010.- O Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón ven de presentar a campaña “Do berce á rúa. Medra coa língua”, pensada para fomentar o uso da língua galega entre os nenos/as de 0 a 3 anos de idade. Para iso, trátase de promover o uso do galego entre os seus pais e nais, e educadores/as, como idioma de comunicación habitual. “Do berce á rúa. Medra coa língua” é un proxecto no que se poden atopar recursos didácticos e lúdicos, sempre en galego, dispoñibles na páxina web do Concello (www.naron.es). Ademáis, a campaña pretende tamén activar un proceso participativo entre familias e comunidade educativa co Servizo de Normalización Lingüística (dependente do Concello), co fin de elaborar recursos e materiais que faciliten a aprendizaxe da lingua galega por parte de nenos e nenas. A campaña de promoción do galego entre a infancia está centrada inicialmente na poboación de 0 a 3 anos, aínda que máis adiante se irá ampliando esta marxe de idade. O proxecto trata de concienciar ás familias e comunidade educativa da importancia de empregar a lingua galega como forma de comunicación cos nenos e nenas, pois supón o coñecemento da lingua propia e crea un vínculo co entorno ademáis de ter un importante factor de identidade cultural.

<<< Agosto 2022 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
www.naron.es