Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
CONVOCADA UNHA NOVA EDICIÓN DO FORO DE CIDADÁS, NA QUE SE DEBATIRÁ A SITUACIÓN DA MULLER NAS ZONAS DE CONFLICTO
Terá lugar na Biblioteca Municipal, o vindeiro 30 de setembro.
Narón, 22 de Setembro de 2010.- A Concellería de Igualdade de Narón, dirixida pola edil Mª del Carmen Espada, ven de convocar unha nova edición do Foro de Cidadás, enmarcado no I Plan de Igualdade das Mulleres de Narón. A nova cita será o xoves 30 de setembro, ás 18:00 horas, na Biblioteca Municipal do Alto. A finalidade do Foro de Cidadás é a de ofertar un espazo de comunicación para as mulleres, onde establecer redes de apoio mútuo, compartir experiencias e intercambiar opinións. Ademáis, tamén serve como nexo entre as demandas das mulleres e o propio Concello, fomentando a participación das mesmas, e exercendo os seus dereitos. Esta nova edición do Foro de Cidadás leva por título “Solidariedade coas mulleres do mundo: a situación das mulleres en zonas de conflicto” e consistirá nunha conferencia e na proxección dun vídeo a cargo da Marcha Mundial das Mulleres. As participantes poderán asistir á proxección do vídeo da III Acción Internacional da Marcha Mundial das Mulleres, e á curtametraxe documental “Crímenes Invisibles” de Wim Wenders, na que se lle dá voz ás mulleres do Congo. O Concello pon a disposición pública un servizo de atención para as mulleres con persoas dependentes ou menores ó seu cargo, durante o tempo que dure o Foro. As interesadas deberán solicitalo no Concello, no teléfono 981 33 77 00 (extensión 1113) con 4 días de antelación. Por outra banda, a Concellería de Igualdade mantén aberta no Pazo da Cultura de Narón a exposición “Elas sempre están” na que se lle ofrece unha homenaxe á muller rural a través de 15 fotografías da artista italiana Elisa Gianni, e un poema da galega Lucía Ardao. Poderá visitarse en horario de mañá e tarde ata o vindeiro 30 de setembro.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal