Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O Concello e Caixa Galicia acordan ampliar as prazas subvencionadas en Euxa-Narón
Caixa Galicia e o Concello de Narón veñen de asinar un convenio mediante o que se amplía a 76 o número de prazas residenciais subvencionadas pola entidade financeira que xestiona o Concello na residencia EUXA Narón. O convenio amplía o xa asinado entre ambas entidades en 2004 e permitirá cubrir a lista de espera existente.

A firma foi realizada polo alcalde de Narón, Juan Gato, e polo director territorial de Caixa Galicia en Ferrol, Gonzalo Rodríguez-Tenreiro.

A residencia EUXA de Narón ten unha capacidade de 150 prazas residenciais e 30 de atención diúrna. Forma parte do Plan de Centros Xerontolóxicos de Caixa Galicia para a comunidade autónoma galega e no edificio investíronse 6,5 millóns de euros có propósito de paliar o déficit de prazas residenciais existente na comarca de Ferrolterra.

A subvención cobre ata o 50 por cento do custo total do aloxamento. Caixa Galicia asinou recentemente unha operación semellante co Concello de Vigo para poder atender á demanda do centro de Barreiro, na cidade olívica, de próxima inauguración, e que forma parte tamén do plan de residencias da entidade financeira en Galicia.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal