Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A COMPAÑÍA TEATRO DO NOROESTE ESTREA NO PAZO DA CULTURA A OBRA "HISTORIAS PEREGRINAS"
A COMPAÑÍA TEATRO DO NOROESTE ESTREA NO PAZO DA CULTURA A OBRA
Haberá funcións o venres ás 20:30 e o sábado ás 20:00 horas.
Narón, 23 de Setembro de 2010.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá mañá o estreno da obra “Historias peregrinas” da compañía Teatro do Noroeste, que porá en escea este espectáculo o venres ás 20:30 horas e o sábado ás 20:00 horas. O prezo das entradas é de 8 euros para o público en xeral, e ten unha duración de 90 minutos.

Dirixida a maiores de 14 anos, esta obra é unha comedia sobre as apariencias, protagonizada por unha delicada galería de personaxes que falan da vida con sinxeleza e sentido do humor.

O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe o espectáculo, acompañado do director do mesmo, Eduardo Alonso, quen asegurou que “cada vez é máis complexo facer teatro en Galicia, pero afortunadamente Narón segue a ser unha excepción na realidade deste sector”, apuntou. Unha das protagonistas de Historias peregrinas, a actriz Luma Gómez, engadiu que “dende Teatro do Noroeste valoramos moitísimo o proxecto cultural e teatral que ven desenvolvendo o Concello de Narón ó longo dos últimos anos”, calificando a este municipio coma “unha cidade adelantada ás demais, cunha escola de formación de actores e actrices e un magnífico Auditorio”.

Respecto ó espectáculo en sí, o director do mesmo calificou esta obra como “unha comedia actual, intelixente e ben escrita, que reflexa a xente como nos, que se lanza ó mundo e se atopa con problemas por todas partes”, suliñou Eduardo Alonso.

Outros dos actores presentes na rolda de prensa de hoxe foron Carlos Mosquera “Mos” e Xan Casas, que animaron ó público en xeral a asistir ó estreno desta obra, escrita por Miguel Anxo Murado no ano 1994.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal