O Alcalde de Narón asistíu á entrega, no día de onte, dos ordenadores das asociacións de Doso e Sedes.
Narón, 24 de setembro de 2010.- O Concello de Narón está a habilitar diferentes aulas de informática na zona rural de Narón, para o cal tense firmado un convenio de colaboración coas entidades sociais das sete parroquias naronesas. Este acordo supón a cesión gratuita de equipos informáticos para levar a cabo o proxecto.
En concreto, o Concello está a entregar 10 ordenadores portátiles e unha impresora a cada unha das entidades sociais da zona rural (Doso, A Pombiña, O Val, San Mateo, Sedes, Castro e San Xiao).
O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, visitou onte os locais que ocupan as asociacións de Doso e Sedes -ó que corresponde esta fotografía- para intercambiar impresións cos veciños e veciñas sobre esta iniciativa.
O investimento realzado polo Concello para levar a cabo esta actuación ascede a 89.000 euros.