Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
NOVO PARQUE BIOSALUDABLE NO PASEO MARÍTIMO DE XUVIA
Está situado frente ó CEIP Ponte de Xuvia. O Concello renovou tamén o parque infantil existente nese lugar.
Narón, 27 de Setembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o Concelleiro de Servizos, Pablo Mauriz, inaguraron o pasado 24 de setembro o noveno parque biosaludable do municipio, situado no paseo marítimo de Xuvia (frente ó Colexio Ponte de Xuvia). Esta nova instalación consta dos seguintes elementos de xogo: volante de flexibilidade, elementos de xiros de cintura, bicicleta estática, banco de abdominales, corredor aéreo, e bicicleta elíptica. O Concello investíu un total de 27.574€ nesta actuación. Cabe recordar que Narón foi o concello pioneiro na instalación de parques biosaludables en Ferrolterra, pensados para que persoas de tódalas idades poidan facer exercicio físico ó aire libre. Así, a praza da Gándara foi o primeiro espazo en acoller unha instalación deste tipo, no ano 2007. Posteriormente seguíronlle outros parques en A Solaina, Piñeiros, Alto do Castiñeiro (na Praza de Galicia, e na Praza de Chafarís), Castro, O Couto, e Doso. Os parques biosaludables permiten realizar exercicios de mantemento de extremidades superiores, inferiores e do tronco, mediante o pedaleo, o xiro de cintura e a mobilización de brazos e pernas. Tamén foi inaugurado o pasado venres o parque infantil situado xunto a este parque biosaludable, no paseo marítimo de Xuvia. O Concello investíu nesta obra un total de 37.642€. Os traballos consistíron na instalación de novos elementos de xogo (un conxunto modular de 2 torres, e unha rede tridimensional para trepar) e na reparación dos existentes (un tobogán, un columpio, un balancín e un muelle) co fin de adaptalos á Normativa Europea de Seguridade nos Parques Infantís. Tamén se colocou unha soleira de hormigón sobre a cal se instalou o chan de caucho. O Concello destinou en conxunto 65.216€ a ambos proxectos, realizados pola empresa Jardinería Arce no prazo de 1 mes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal