Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O EQUIPO DE EDUCACIÓN VIAL CREA UN REXISTRO MUNICIPAL DE BICICLETAS DE NARÓN
Os propietarios de bicicletas poden rexistralas na páxina web da Policía Local.
Narón, 28 de Setembro de 2010.- A Concellería de Seguridade Cidadá de Narón, dirixida por Ramón Padín, ven de presentar un proxecto do equipo de Educación Viaria do Concello (formado por Pedro Caneiro e Simón Cabarcos) para crear un Rexistro Municipal de Bicicletas de Narón. Con esta idea, o Concello pretende impedir que as bicicletas se extravíen, ademáis de dificultar o seu roubo a través dun mecanismo que permita a súa identificación e localización. Os interesados en inscribir o seu vehículo neste rexistro deberán facelo a través da páxina web da Policía Local de Narón (www. http://policia.naron.es). Unha vez ahí, cubrirase un formulario no que é obrigatorio completar os datos personais, ser maior de 14 anos de idade (e dispor da correspondente autorización paterna) e residir en Narón, e finalmente haberá de indicarse o número de bastidor da bicicleta –habitualmente figura debaixo da caixa de pedalear-. As persoas que xa estean inscritas recibirán un correo electrónico coa confirmación do rexistro, e unha pegatina coas instruccións sobre onde colocala na súa bicicleta. O rexistro municipal de bicicletas está operativo dende o pasado mércores 22 de setembro. Nos primeiros días recibíu xa máis de 500 visitas, o que fai unha idea da afición que existe en Narón por este vehículo. “Esta nova ferramenta vai permitir á Policia localizar a bicicleta e tamén ó propietario da mesma en caso de perda ou roubo”, comentou o concelleiro de Seguridade Cidadá, Ramón Padín. Pola súa banda, o Policía Local e responsable do programa de Educación Viaria, Pedro Caneiro explicou que esta idea xurdíu “debido ó elevado uso das bicicletas e á demanda que existía sobre o control das mesmas”. O seu compañeiro, Simón Cabarcos, engadíu ó respecto que este “é un dos novos proxectos que temos para este curso, e servirá tamén para contabilizar o número de bicicletas coas que contamos en Narón”, asentíu.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal