Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
COMENZA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA "PREESCOLAR NA CASA"
COMENZA UNHA NOVA EDICIÓN DO PROGRAMA
O Concello e a Fundación Preescolar na Casa convocan reunións informativas en Pedroso, Piñeiros e O Val.
Narón, 2 de Outubro de 2010.- A Concellería de Ensino de Narón, dirixida por Mª del Carmen Espada, e a Fundación Preescolar na Casa veñen de anunciar o inicio dun programa de atención ós nenos en idade preescolar (0 a 3 anos) e ás súas familias. A Fundación Preescolar na Casa leva máis de 30 anos tentando contribuir á formación de pais e nais, co fin de axudar a desenvolver plenamente as capacidades dos seus fillos e fillas.

A Fundación Preescolar na Casa, en colaboración co Concello de Narón poñen á disposición das familias un servizo gratuito que conta cun equipo de profesionais (orientadores/as) e unha serie de recursos didácticos (materiais escritos, ludoteca, servizo de lectura para nenos e adultos, unha revista específica, programas na televisión e na radio, e salas de encontro).

Para iniciar unha nova tempada deste programa, convócanse varias reunións en diferentes barrios e parroquias de Narón, ás que poden asistir tódalas familias con nenos/as en idade preescolar. Nestos encontros se lles informará polo miúdo dos obxectivos e actividades que se desenvolven ó abeiro deste programa. En concreto, vanse celebrar as seguintes xuntanzas iniciais:

-Luns 4 de outubro, 16:30 horas, local da Sociedade Cultural e Recreativa “A Pombiña” (Pedroso).

-Mércores 6 de outubro, 10:30 horas, CEIP Piñeiros .

-Venres 15 de outubro, 16:30 horas, Local Social Municipal de O Val.

Posteriormente se levarán a cabo reuniones quincenais nos mesmos lugares e no mesmo horario, cos grupos xa formados.

A Fundación Preescolar na Casa ofrece tempos de encontro entre familias e nenos/as para dialogar sobre a experiencia de ser pais/nais e fillos/as, gozar da crianza, xogar, e aprender dos demais e cos demais todas as posibilidades educativas que ofrecen os nenos cada día.

Os Espazos das Familias permitirán ós proxenitores desenvolver as súas competencias educativas ante os fillos, coñecer as diferentes etapas do seu desenvolvemento, identificar situacións de aprendizaxe no día a día, e sentirse máis seguros como nai ou pai. Para iso, os participantes contarán coa axuda de orientadores/as, pais e profesionais da educación, ademáis de expertos en orientación familiar.

En concreto, están deseñados tres Espazos das Familias perfectamente diferenciados:

”Un bo comezo”: sesións formativas (6) dirixidas a mulleres embarazadas que estean no 3º trimestre da súa xestación. Axudaránlles a pensar no proxecto educativo para ese fillo/a que vai chegar ó mundo, permitíndolle paliar dúbidas, medos, inquedanzas, en compañía doutras mulleres na súa mesma situación.

”Primeiros descubrimentos”: neste espazo, as familias con nenos/as de 0 a 1 ano de idade teñen a posibilidade de descubrir e observar ao bebé a través de actividades axeitadas, ó tempo que responden interrogantes.

“Xuntos para crecer”: espazo no que familias con nenos/as de diversas idades poden reforzar a confianza como educadores e incrementar coñecementos e prácticas de crianza.


Pero ademáis, Preescolar na Casa pode seguirse tamén a través dos medios de comunicación:

Radio Galega: domingos ás 8:30 horas

Televisión de Galicia: sábados ás 8:30 horas

En internet: www.crtvg.es

Radiofusión: a diario ás 12:50, 16;50, e 21:30 horas

En internet: www.radiofusion.eu



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal