Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS DE NARÓN
CONVOCATORIA DE CURSOS DE FORMACIÓN PARA DESEMPREGADOS DE NARÓN
Os interesados poden presentar as solicitudes no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 16 de outubro.
Narón, 4 de Outubro de 2010.- O Concello de Narón abríu hoxe o prazo de presentación de solicitudes para participar no programa de formación “Camiño de Emprego”. Trátase dunha serie de cursos (9 en total) dirixidos a persoas desempregadas que estean empadroadas no Concello de Narón. As instancias poderán presentarse no Rexistro Xeral do Concello, en horario de 8:30 a 13:30 horas, ata o día 16 de outubro.

As persoas interesadas deberán presentar a seguinte documentación: solicitude oficial (entrégase no Rexistro), unha fotocopia do DNI, a tarxeta de demandante de emprego, e o currículum vitae académico, de formación profesional e de experiencia laboral. Posteriormente deberán asistir á entrevista e/ou proba de selección na data sinalada no Centro Municipal de Formación de A Gándara.

A relación de cursos ofertados é a seguinte:

-Curso básico de construccións metálicas (12 prazas)
-Curso básico de limpeza de edificios comerciais e industriais (12 prazas).
-Curso básico de electricista de edificios (12 prazas)
-Curso básico de hostalería (12 prazas)
-Curso básico de televenda (12 prazas)
-Iniciación á carpintería xeral (12 prazas)
-Curso básico de prevención de riscos laborais (25 prazas)
-Curso básico de primeiros auxilios (25 prazas)
-Curso básico de manipulador de alimentos (25 prazas)

Para obter máis información sobre os contidos dos cursos, as persoas interesadas poden chamar ó teléfono do Concello 981 337 700 ext. 1106 e 1107.

CURSOS DE INICIACIÓN E PERFECCIONAMENTO DE INTERNET

O Concello de Narón convoca tamén unha nova edición dos cursos “Narón dixital” a través dos cales se ofrece formación en novas tecnoloxías (informática básica e Internet) a tódolos cidadáns e cidadás que o desexen.

Así, os interesados deberán presentar a solicitude no Rexistro Xeral do Concello ata o vindeiro 16 de outubro. Os requisitos para poder participar son ter máis de 18 anos de idade e estar empadroado en Narón. O Concello adxudicará as prazas por riguroso orde de inscripción.

Está prevista a celebración de dous cursos diferenciados:

-Curso básico de alfabetización dixital (10 prazas)
-Curso de perfeccionamento “Avanza dixital” (10 prazas)

Os cursos se desenvolverán nos Centros Cívicos Municipais (situados en A Gándara, A Solaina, Alto do Castiñeiro, Piñeiros, O Couto, Xuvia, Doso, Pedroso, Sedes, San Xiao, Castro, O Val, e San Mateo)



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal