Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ A ESTREA DE "MEMORIA DE HELENA E MARÍA"
O AUDITORIO DA PRAZA DE GALICIA ACOLLERÁ A ESTREA DE
A obra, orixinal de Teatro do Atlántico, se representa o venres 8 e sábado 9 de outubro.
Narón, 7 de Outubro de 2010.- O Auditorio Municipal da Praza de Galicia acollerá o vindeiro fin de semana (venres 8 ás 20:30 horas e sábado 9 ás 20:00) a estrea da obra “Memoria de Helena e María” a cargo da compañía Teatro do Atlántico. A temática intimista deste texto fai necesaria a súa representación nun espazo pequeno onde funcione axeitadamente a comunicación entre as protagonistas e os espectadores.

“Pedimos ó Concello poder estrear no Auditorio en lugar de facelo no Pazo da Cultura, porque o noso é un espectáculo íntimo, moi denso e cunha comunicación enorme co público. Este argumento demanda un contacto intenso cos espectadores”, declarou o director da obra, Xulio Lago.

O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa esta estrea teatral, que fai a 4ª consecutiva dentro da programación de Outono do Concello de Narón. “É unha ledicia traballar sempre a prol do teatro”, declarou o edil.

O director de “Memoria de Helena e María” alabou o apoio do Concello de Narón e do Padroado de Cultura no desenvolvemento da programación cultural deste municipio, salientando que nesta cidade sempre poden verse as derradeiras obras que están a xirar por toda Galicia e mesmo por España.

“Memoria de Helena e María” está protagonizada polas actrices Lucía Regueiro e María Barcala. Esta última compareceu na rolda de prensa de hoxe, onde declarou que a obra “é unha historia de amor e de guerra, ambientada na postguerra e baseada en persoaxes que existiron de verdade”, declarou Barcala.

O texto é orixinal de Roberto Salgueiro, premio Abrente 2006.


Descarga de archivos
Dossier da obra "Memoria de Helena e María"Tamaño: 550,56 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal