Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAVILLÓN DE A SOLAINA ACOLLERÁ O XI TROFEO DE TENIS DE MESA "CIDADE DE NARÓN"
O PAVILLÓN DE A SOLAINA ACOLLERÁ O XI TROFEO DE TENIS DE MESA
Se celebrará os días 12 de outubro e 1 de novembro, coa participación de 19 clubes deportivos de toda Galicia.
Narón, 8 de Outubro de 2010.- O Pavillón Polideportivo Municipal “Campo da Serra” de Santa Icía acollerá o vindeiro día 12 de outubro (festividade nacional) e o día 1 de novembro o XI Trofeo de Tenis de Mesa ‘Cidade de Narón’, organizado polo Club Cidade de Narón de Tenis de Mesa en colaboración co Padroado de Deportes de Narón.

A Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, destacou a elevada participación neste campionato, que contará con representantes de 19 clubes deportivos procedentes de toda Galicia. A relación de participantes é a seguinte: Club T.M. Hípica da Coruña, Club T.M. do Mar da Coruña, Club T.M. Temegal da Coruña, Club T.M. Coruña, Club T.M. Breogán de Oleiros, Club T.M. Cambre Tenis de Mesa, Club T.M. Arteal de Santiago, Club T.M. Conxo de Santiago, Club T.M. Monte Porreiro de Pontevedra, Club T.M. Ribadumia, Club T.M. Mercantil de Vigo, Club T.M. Elios Bembrive de Vigo, Club T.M. Cerbe de Monforte, Club T.M. Dez Portas de Lugo, Club T.M. Ferrol, Club T.M. San Xoán de Ferrol, Club T.M. Cambados, Club Narón Tenis de Mesa, e Club Cidade de Narón Tenis de Mesa.

Os equipos competirán en tódalas categorías, tanto femininas como masculinas. O horario de inicio dos torneos será a partir das 10:00 horas e rematará sobre as 20:00 horas. A continuación, a Concelleira de Deportes, Natalia Hermida, fará entrega dos correspondientes trofeos ós gañadores/as nas diferentes categorías.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal