Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLE A ESTREA DA OBRA "A NONA" A CARGO DA COMPAÑÍA TEATRO DO MORCEGO
O PAZO DA CULTURA ACOLLE A ESTREA DA OBRA
As funcións da compañía de teatro residente de Narón se representarán o venres 15 e o sábado 16.
Narón, 14 de Outubro de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa a estrea da obra “A Nona” a cargo de Teatro do Morcego, que é a compañía de teatro residente en Narón na actualidade, e está formada por actores formados na Escola de Teatro de Narón e tamén por recoñecidos actores do teatro galego.

“A Nona” está dirixida por Celso Parada, e se representará mañá no Pazo da Cultura ás 20:30 horas, e o sábado ás 20:00 horas. O edil de Cultura agradeceu a Teatro do Morcego o traballo que está a facer en Narón na difusión da cultura teatral, estrenando cada ano unha media de dous novos espectáculos.

O director da obra, Celso Parada, engadiu ó respecto que Teatro do Morcego representará no mes de novembro unha nova versión do clásico Os Vellos non deben de namorarse, que a compañía está a ensaiar na actualidade en Narón.

Respecto á obra en cuestión, Parada indicou que “A Nona” relata a historia dunha familia arxentina formada por sete membros, na que a avoa ten a costume de comer sen parar. “É unha comedia grotesca que nos fai reir pero tamén nos obriga a reflexionar, porque ó final ninguén é capaz de manter o elevado consumo que ten a avoa, quen ademáis é a única que sobrevive ó resto das persoaxes”, indicou.

Na rolda de prensa tamén participaron algúns dos actores deste espectáculo, como Miguel Pernas, quen fai da Nona –avoa-. Él definíu este texto, escrito por Roberto Cossa, coma “unha alegoría do capitalismo obsoleto ó que é imposible sobrevivir”.

Teatro do Morcego dedicará esta obra ó actor Andrés Pazos, recentemente falecido, quen ía protagonizar o papel da Nona, e tamén a Suso Díaz, membro de Sarabela Teatro, finado onte. O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, adicoulle unhas verbas ó inicio da rolda de prensa lamentando “o falecemento dun home de teatro coma él”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal