Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO E A CRUZ VERMELLA ASINAN UN CONVENIO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS
O CONCELLO E A CRUZ VERMELLA ASINAN UN CONVENIO PARA PRESTACIÓN DE SERVIZOS SOCIAIS
O acordo servíu para celebrar charlas de primeiros auxilios para bebés e nenos, e a prestación do servizo de ambulancia en eventos con afluencia de público. O Concello achegou un total de 14.000€ para financiar estas actividades.
Narón, 15 de Outubro de 2010.- O Concello de Narón e a Cruz Vermella Española asinaron hoxe un convenio de colaboración mediante o cal a institución municipal achegará 14.000 euros para a realización de actividades de interés social realizadas ó longo deste ano 2010.

O acordo foi refrendado hoxe polo Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, e o representante da Cruz Vermella Española en Ferrol, Francisco Vázquez Fontela. Na firma do mesmo tamén estivo presente a Concelleira de Deportes de Narón, Natalia Hermida.

Ó amparo deste convenio, a Cruz Vermella Española desenvolveu un programa de formación consistente en tres cursos de primeiros auxilios para familias de nenos de 0 a 3 anos de idade (celebrados nas Escolas Infantís Municipais de A Gándara, Piñeiros e A Solaina), e presta ó longo deste ano o servizo de ambulancias en actos ou eventos de concurrencia de público –cunha previsión máxima de 35 eventos-.

Os cursos de formación en primeiros auxilios para bebés e nenos tiveron unha duración de 10 horas cada un, e serviron para proporcionar ós pais, nais e cuidadores os coñecementos elementais para aprender a previr accidentes, aplicar procedementos e técnicas axeitadas en autoprotección e soporte a primeiros auxilios, e identificar e resolver situacións de urxencia vital.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal