Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
ESCOLARES DE NARÓN VISITAN O MUSEO VIVO DA ALDEA CASTREÑA DE SEDES
ESCOLARES DE NARÓN VISITAN O MUSEO VIVO DA ALDEA CASTREÑA DE SEDES
Un grupo de veciñ@s desta parroquia recrea a vida e costumes dos antepasados celtas, para transmitirlles esta cultura ás novas xeracións.
Narón, 28 de Outubro de 2010.- O Grupo de Traballo de Sedes recrea de novo esta semana –ó mesmo que o fixo durante a celebración do Oenach Atlántico, no verán- a vida nunha aldea castreña, esta vez para escolares do municipio. A iniciativa lévase a cabo no campo da Feira do Trece, onde se atopan as pallozas construidas especialmente para o evento do verán.

O Grupo de Traballo de Sedes –que aglutina ás asociacións e colectivos da parroquia- recrea a escala real esta aldea, que está habitada por veciños e veciñas que explican ós estudiantes cómo é a vida cotiá nun castro. Máis de 250 escolares de 5º e 6º de Primaria e de 1º e 2º da ESO (do CEIP Ponte de Xuvia, CEIP Virxe do Mar, CPR Jorge Juan, CEIP A Gándara, e CPR Santiago Apóstol) participaron nesta visita, que contou coa colaboración do Concello de Narón quen se fixo cargo do transporte escolar.

A Concelleira de Ensino de Narón, Mª del Carmen Espada, presentou hoxe en rolda de prensa este programa escolar, acompañada polo coordinador do Grupo de Traballo de Sedes. O proxecto de didáctica do patrimonio etnográfico e cultural foi posto en funcionamento grazas a un convenio coa Deputación da Coruña.

Arredor de 25 veciñ@s de tódalas idades son os habitantes castreños, que reciben ós estudiantes caracterizados con vestimentas e obxetos da época e fan de mestres de tradición oral. A Concelleira de Ensino destacou a importancia desta iniciativa xa que, segundo apuntou, “permite o achegamento dos escolares de Narón a unha parte importante da cultura galega. Os nenos e nenas de hoxe van ser os homes e mulleres de mañá e por iso teñen que recibir toda a cultura e o bagaxe cultural da súa terra, a través de programas coma este”; recalcou Mª del Carmen Espada.

O coordinador do Grupo de Traballo de Sedes explicou que os veciños están amosando ós escolares cómo facían os nosos antepasados as vivendas bioclimáticas, cómo se alimentaban e cómo fabricaban algún dos obxetos habituais da vida cotiá. “Os escolares son recibidos por un veciño-druida quen lles explica o que é unha aldea castreña e lles vai guiando na súa visita”, comentou Paco Ramil.

A Aldea castreña está concebida coma un circuíto didáctico que se desenvolve na Feira do Trece, na que se atopan as 7 casas castreñas feitas a escala real e elaboradas con distintos materiais. Divídese en seis centros de interés pedagóxico: a vivenda castreña, a vestimenta en persoeiros da aldea, a alimentación –os cereais, a moenda e o cociñado-, a conservación das carnes e peixes, as froitas do bosque, leite e mel, e os oficios e ocupacións da xente da aldea.

Para levar a cabo esta recreación, cóntase con máis de 100 reproduccións de obxetos, elaborados polos propios veciños co asesoramento de profesionais da etnografía e da didáctica do patrimonio. Tamén realizaron vestidos de liño, lá, coiro, e pezas coma torques de cobre, lanzas, arcos, coitelos, espadas, muiños, teares, cestos, cainzos, pallozas, e pezas de cerámica. Todos estos elementos permiten que os escolares que visitan a aldea –máis de 50 ó día- poidan coñecer mellor cómo era a vida na antigüedade.

Mañá venres visitarán a aldea castreña @s alumn@s de 1º e 2º da ESO do CPR Jorge Juan (Xuvia).



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal