Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO E A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN MATEO ORGANIZAN A 13ª EDICIÓN DO SAMAÍN
Haberá obradoiros de cabazas e maquillaxe e contacontos. Celébrase o domingo a partires das 6 da tarde.
Narón, 29 de Outubro de 2010.- O Concelleiro de Cultura de Narón, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe en rolda de prensa una nova edición do Programa de Recreación do Samaín de San Mateo, que se celebrará na tarde-noite do domingo 31 de Outubro nesta parroquia. O Samaín enmárcase na liña seguida polo Padroado de Cultura de Narón de revitalizar feitos de carácter antropolóxico-culturais. Os participantes afondarán nesta costume ritualizada arredor do mundo do alén e dos finados. O programa de actos para celebrar o Samaín inclúe unha exposición de cabazas feitas polos escolares de Primaria de Narón (estímase que perto de 2.000 estudiantes participaron durante esta semana na elaboración das mesmas), un obradoiro de cabazas e maquillaxe, e un obradoiro de medo –para o cal se recreará un pequeno pasaxe de medo no edificio da Escola de San Mateo-. O Concello tamén promoverá xogos populares e deporte rural, contos do Samaín a cargo da compañía de teatro Os Quinquilláns, unha comitiva de luces e tembras –que realizará un pequeno percorrido pola parroquia-, e como remate a actuación musical do grupo Os Berros de Castro. Ademáis, a Asociación de Veciños de San Mateo de Trasancos colaborará na organización dos actos, e convidará ós asistentes a unha cunca de caldo. Cronograma dos actos de Samain: (se celebran no Centro Cívico de San Mateo) A partires das 18:00 horas -Apertura da exposición. -Obradoiros de cabazas, maquillaxe e xogos populares. A partires das 20:00 horas -Contos do Samaín. -Comitiva de Luces e Tembras. -Obradoiro do Medo. A partires das 21:00 horas -Actuación musical do grupo Berros do Castro. O orzamento desta actividade municipal ascende a 10.000 euros. De xeito previo, mañá sábado a partires das 18:00 horas se celebrará outro obradoiro e exposición de cabazas, no Centro Cívico de San Mateo, aberto a todo o público.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal