Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ABRE Ó TRÁFICO O VIAL PERIMETRAL DA GÁNDARA, DE MÁIS DUN KILÓMETRO DE LONXITUDE
Dispón de novas prazas de estacionamento, e conecta coas zonas de Odeón e Longras.
Narón, 5 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, descubríu hoxe a placa que da nome a unha das rúas (Irmáns Pita) que conforman o Vial Perimetral de A Gándara, de 1.331 metros de lonxitude total e que contempla unha calzada de 6 metros de ancho, con novas zonas de estacionamento libre e beirarrúas para peóns. O orzamento total desta actuación ascendeu a 2.249.843,26 euros, e foi realizada pola empresa Teconsa. Segundo comentou o Alcalde, o novo vial perimetral ten dúas partes diferenciadas: unha delas é a que conecta con Longras, e que servirá para desconxestionar o tráfico da avenida do Mar, e a outra hacia o centro comercial e de ocio Dolce Vita Odeón. Xunto co vial, a zona dispón xa dun amplio espazo verde cun parque infantil, e diverso mobiliario urbán. O Vial Perimetral da Gándara concíbese coma unha alternativa viaria para solucionar os problemas de saturación do tráfico destas zonas. Coa súa apertura vai descender o intenso tráfico que soportan as rotondas da avenida Luis Seoane (as situadas xunto ó Tanatorio de Artabria, e ó hipermercado Alcampo) e a Estrada da Gándara, especialmente entre o Pavillón Polideportivo e Alcampo. Coa apertura deste novo vial tamén se conexiona o barrio e se organiza o tráfico, ó poder darlle continuidade ás rúas que carecían de saída ou era dificultosa, como é o caso da rúa Cid, Camiño da Praia, Sixto Borrás, Fonsagrada, e Camiño de Lóngras. Coa nova regulación, gañouse en seguridade, fluidez e capacidade de estacionamento. Ademáis, o Vial Perimetral concíbese coma unha alternativa viaria para as empresas do polígono, con posibilidade de máis zonas de estacionamento para o pavillón deportivo e a piscina. Tamén é unha zona idónea para a celebración de probas deportivas, pola fácil alternativa viaria no caso de ter que cortar o tráfico para a celebración do evento , así coma para a ubicación dos espectadores da proba. O Concello prevé que poidan xurdir problemas de conxestión do tráfico no cruce da Estrada da Gándara coa Estrada do Pavillón, e para elo xa está en estudio a posible ubicación dun carril central de xiro á esquerda na Estrada da Gándara, para así poder variar os ciclos do semáforo que regula este cruce.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal