Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
A XUNTA APROBA A MODIFICACIÓN DO PLAN DE URBANISMO NO ENTORNO DO POLÍGONO DE RIO DO POZO
A XUNTA APROBA A MODIFICACIÓN DO PLAN DE URBANISMO NO ENTORNO DO POLÍGONO DE RIO DO POZO
Permitirá aumentar a superficie industrial e residencial do municipio, ó sumar máis de 1 millón de metros cadrados de superficie.
Narón, 5 de Novembro de 2010.- A Xunta de Galicia acaba de aprobar definitivamente a modificación puntual do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Narón, no solo rústico apto para urbanizar do entorno do polígono industrial Rio do Pozo. O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, recibíu hoxe a notificación oficial por parte da Consellería de Medio Ambiente, e informou en rolda de prensa sobre o asunto.

O PXOM vixente clasifica o ámbito desta Modificación como Solo Rústico Apto para Urbanizar, de uso residencial, con usos comerciais ou industriais compatibles con vivenda nos ámbitos adxacentes aos polígonos industriais existentes.

A Modificación ten por obxecto asignar o uso industrial e terciario en dous ámbitos contiguos ao polígono industrial do Río do Pozo, e establecer o uso residencial e terciario nun ámbito lindeiro con terreos clasificados como solo urbano de uso residencial.

Ademáis, a Modificación incorpora ó catálogo do PXOM o Castro de Santa maría, e delimita en planos de ordenación as súas áreas de protección integral e de cautela. E completa a ficha do catálogo da Mámoa do Val ou de Santa Margarida, clasificando como solo rústico de protección arqueolóxica o ámbito de protección da mesma, actualmente solo rústico apto para urbanizar.

Segundo explicou o Alcalde, coa aprobación definitiva da modificación do PXOM no entorno de Rio do Pozo “Narón convértese no único concello de Galicia con capacidade para ofertar solo industrial suficiente para calqueira tipo de empresa, con espacio superior incluso ós 30.000 m2 de superficie”. Jose Manuel Blanco engadíu que “non hai ningún polígono en Galicia que poida abarcar industrias desta superficie, salvo o de Río do Pozo”.

O Alcalde explicou o alcance desta modificación do Plan de Urbanismo, coa que se consigue poñer a disposición pública máis dun millón de metros cadrados. En total son 1.097.940 m2, que se dividen en tres ámbitos de actuación:

-Zona norte (558.753 m2) solo rústico apto para urbanizar. Usos permitidos: todos menos o residencial (terciarios e industriais)

-Zona sur (228.684 m2), solo rústico apto para urbanizar. Mesmos usos que o anterior.

En conxunto, suman 787.437 m2 de solo industrial, desenvolvido a través de Planes de Sectorización. É preciso que os polígonos sexan como mínimo de 30.000 m2 para redactar o citado plan.

-Zona intermedia –próxima ó Colexio de O Feal- dende o solo urbano ata o polígono de Rio do Pozo (310.503 m2). Solo para usos residenciais e terciarios, no que o único uso que se prohibe é o industrial.

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, destacou a importancia de ter aprobada a modificación do PXOM nesta superficie xa que suporá un impulso económico importante para a comarca de Ferrolterra. Ademáis, para desenvolver os proxectos industriais ou residenciais non será necesario realizar ningunha expropiación.




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal