Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O Concello de Narón e o Centro de Transfusión de Galicia impulsan a participación veciñal na doazón de sangue
Precísanse 1.300 doazóns de sangue este verán.
O Concello de narón, o Centro de Transfusión de Galicia e a Irmandade de doadores de Sangue de Ferrolterra impulsan unha iniciativa que ten coma obxectivo promover a participación dos veciños e veciñas nas campañas de doazón de sangue e, deste xeito, garantir o correcto desenvolvemento do labor asistencia nos centros sanitarios galegos, nos que está prevista a necesidade de perto de 35.000 doazon´s de sangue durante o verán.

Os veciños interesados poden participar acudindo ás unidades móveis o CTG que estarán duranto o mes de xuño nas seguintes localizacións de Narón:

O VAL. Luns 5 de xuño. De 15.30 a 21 h xunto á Cooperativa

SEDES Luns 12 de xuño. De 15.30 a 18.h fronte a Asociación de Veciños Rosa Dos Ventos

DOSO. Luns 12 de xuño De 18.30 a 21h no aparcamento da Asociación de Veciños.

SANTA ICÍA Martes 13 de xu´ño na AA. VV. "A Solaina"

PEDROSO Sábado 17 de xuño de 10 a 15 h diante da Asoc. Cultural "A Pombiña"

XUBIA Martes 20 de xuño De 15.30 a 21h diante do Xulgado de Paz (antigo concello)

O Concello de ´Narón e o Centro de Transfusión de Galicia agradecen a todos os veciños a súa participación nas campañas de doazón ao longo do tempo. No pasado 2005 houbo 904 doazóns no noso concello, aínda que farían falta perto de 1.300 cada ano para cubrir as necesidades.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal