Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
FIRMA DE CONVENIOS CON AS ASOCIACIONS CULTURAIS "A POMBIÑA" E "AREOSA" E A ASOCIACION DE VECIÑOS DO COUTO
Serviran para continuar cos programas de dinamizacion das parroquias de Pedroso, Piñeiros e O Couto respectivamente.
Narón, 9 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Naron, Jose Manuel Blanco, asinou hoxe tres convenios de colaboracion con entidades culturais e veciñais do municipio, para dar continuidade as actividades que desenvolven estas agrupacions. En concreto, firmaronse acordos coa Sociedade Recreativa e Cultural A Pombiña (Pedroso), a Asociacion Cultural Areosa (Piñeiros), e a Asociacion de Veciños de O Couto. En representacion delas acudiron os seus presidentes, Javier Carrasco Solera, Ofelia Diaz Picos, e Anselmo Beceiro Rascado, respectivamente. O Concello achegara 8.000 euros a SCR A Pombiña, e unha cantidade semellante a AVV de O Couto, mentres que a Areosa correspondelle unha achega de 6.000€. Entre as tres entidades suman 22.000 euros de aportacion municipal, que o Alcalde agarda non ter que reducir no 2011 se o Estado incrementa a sua aportacion os concellos nos Orzamentos Xerais do Estado de 2011. Jose Manuel Blanco lembrou que o Concello de Naron dende sempre esta disposto a colaborar co movemento cidada para desenrolar as suas actividades, xa que “sodes un exemplo para todos nos porque sen a vosa iniciativa e o voso esforzo, dende aquí non poderiamos facer nin o 20% destas actividades”, comentou. En nome das tres entidades que hoxe asinaron os convenios falou Javier Carrasco, presidente da SRC A Pombiña, quen agradeceu o Concello de Naron “a sua aportacion, xa que sin axuda municipal non poderiamos continuar a nosa labor”. Na mesma liña pronunciouse Anselmo Beceiro, presidente da AVV de O Couto, sinalando que “a colaboracion co Concello de Naron sempre foi excelente, o igual que a nosa relacion co resto das entidades, que nos axudamos unhas a outras”. Pola sua banda a Concelleira de Participacion Cidada de Naron, Natalia Hermida, concluiu o acto agradecendo “e valorando moitisimo o traballo que fan as entidades tanto as da zona urbana coma as do rural. Axudades a facer cultura e a dinamizar os barrios e as parroquias, e o Concello ainda que dispuxese de mais cartos non seria capaz de facer esta labor en solitario”, comentou. Os convenios asinados hoxe serviran para desenvolver as seguintes actividades: -Sociedade Recreativa e Cultural “A Pombiña”: servizo de biblioteca, encontro anual de teatro afeccionado, programa de musica coral, e actividades periodicas (banda de musica da SCR A Pombiña, Antroido, Musica e Coral, cursos de cociña, Dia da Musica, Dia do socio, Exposicion de manualidades, Festa do rio, Batuka, Bailes de Salon, Letras Galegas, Magosto, Manualidades, Mostra de Corais, Musica e solfeo, actividades de Panxoliñas, Reis Magos, San Xoan, San Xose e Semana Santa) . -Asociacion Cultural “Areosa”: Festa do socio, Certame de Habaneras, Maios, Magosto, Festival de panxoliñas, Canto coral, maraton de lectura-Dia do libro, e Antroido. -Asociacion de Veciños de O Couto: programa Tempo de Musica, apertura do Mosteiro do Couto para visitas, teatro afeccionado, festival do antroido, festival de musica sacra, festa das letras galegas, Os maios, lumeirada de San Xoan, Festa do Pemento do Couto, Magosto, Festival da 3ª idade, Canto coral e Festival de Reis.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal