Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO PROMOVE UNHA CAMPAÑA DE APOIO O COMERCIO LOCAL DE NARON
O CONCELLO PROMOVE UNHA CAMPAÑA DE APOIO O COMERCIO LOCAL DE NARON
Poden participar os comercios de xeito gratuito. Sortearanse 5.000 euros en premios entre os consumidores, e entregaranse bolsas promocionais do comercio de Narón.
Narón, 12 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, presentou onte no Auditorio Municipal a Campaña “Comprando en Narón tí gañas” que se desenvolverá durante todo o mes de decembro e ata finalizar o Nadal. Trátase dunha iniciativa con tres obxectivos principais: apoiar ó pequeno comercio de Naron, atraer o consumo e fomentar as vendas, e promocionar a imaxe do comercio local.

Para levar a cabo estas propostas, o Concello –a traves da empresa Eventi, organizadora da campaña- convocará un concurso de ambientación navideña dirixído ós comerciantes. Poden participar decorando os seus escaparates, o interior dos seus comercios e ata empregando música ambiental e unha vestimenta propia desta epoca. Os participantes deberán enviar un máximo de 3 fotografías dos seus negocios ó seguinte enderezo: concurso@comerciodenaron.es

As imaxes publicaranse na paxina web de Eventi en Facebook, onde se votaran as mellores ideas. O prazo para enviar estas imaxes finaliza o dia 9 de decembro. Os premios as mellores ambientacions navideñas son vales de 300, 200 e 100 euros (correspondense co 1º, 2º e 3º premio respectivamente).

Para fomentar o consumo, a campaña inclue o sorteo de 10 cestas de Nadal –valoradas en 100 € cada unha- cada martes e venres, a partires do dia 3 de decembro. A organización elexira o azar o establecemento no que se sorteara a cesta, repartindo entre os clientes que se atopen nese momento uns calendarios, entre eles o premiado.

Pero ademais habera catro premios finais, dous deles de 1.000€ cada un, e outros dous de 500€ cada un. Poderan participar no sorteo todalas persoas que merquen nos establecementos asociados a campaña, onde se lles entregaran as papeletas que deberan cubrir e depositar nas urnas dos comercios. Os sorteos teran lugar o finalizar o Nadal, e os vales teran que reinvertirse en compras nos comercios participantes.

O Concello reforzara todas estas iniciativas coa entrega dun total de 6.000 bolsas promocionais do comercio de Naron. O coste total da campaña ascende a 24.000 euros (dos que 5.000€ son premios), e se complementa co Programa de Reducion de custos e formacion de PEMES que se levara a cabo durante un ano, e que se iniciara de xeito inmediato, cun orzamento doutros 21.000€.

A participacion na Campaña de Nadal e gratuita para os comerciantes. Pódese consultar tódala información relativa a esta campaña na páxina web do comercio de Narón, no seguinte enderezo: www.comerciodenaron.es



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal