O ALCALDE ASINA SEIS CONVENIOS DE COLABORACIÓN CON ENTIDADES SOCIAIS, DE FORMACIÓN LABORAL E DE ENSINO
Trátase do Centro Social San Xosé Obreiro, AFAL, ALMAT, Asociación Nuestra Señora de Chamorro, Briante, e o CRA de Narón.
Narón, 11 de Novembro de 2010.- O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, asinou hoxe seis convenios de colaboración con entidades que desenvolven o seu labor no termo municipal de Narón.
En concreto, firmáronse catro convenios en materia de servizos sociais (co Centro de Promoción Social San Xosé Obreiro, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer –AFAL-, a Asociación de Loita contra os Malos Tratos –ALMAT- e a Asociación Nuestra Señora de Chamorro), un convenio en materia de formación laboral (coa Asociación de Economía Social Briante), e outro en materia de ensino (co Colexio Rural Agrupado –CRA-).
O Concello achegará un total de 15.400€ a estas seis entidades, ademáis de por ó seu servizo o asesoramento do Servizo Sociocomunitario Municipal. O Alcalde de Narón agradeceu publicamente o traballo realizado por estas entidades e agardou poder manter a colaboración no ano 2011, a pesares das dificultades económicas derivadas da crisis e da conxelación das taxas e impostos, o que repercutirá tamén na reducción dos ingresos municipais.
Non obstante, Jose Manuel Blanco lembrou que o Concello ten máis de 70 convenios con entidades, que representan máis de 1.400.000 euros en subvencións, ademáis doutros 500.000 euros destinados a programas de asociacións de veciños. “Tendo un orzamento de 27 millóns de euros, adicar máis de dous millóns a asociacións e entidades é un esforzo moi importante que probablemente non poderemos manter”, sinalou o Alcalde, ó tempo que recordou que as axudas á infancia, servizos sociais e terceira idade non se reducirán “senón máis ben ó contrario, en moitos casos as incrementaremos”, comentou.
Relación de entidades que firmaron hoxe os convenios co Concello:
SERVIZOS SOCIAIS:
Centro de Promocion Social San Xose Obreiro
(acudíu Angel Galdo Soto, representante do Centro)
Obxectivos: colaboración en materia de Atencion ás persoas maiores.
Achegas municipais: unha achega económica de 1.500 euros e asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Municipal.
Achegas da asociación: cederá as infraestructuras e locais do Centro de Promocion Social San Xose Obreiro para a realización de actividades municipais.
Asociacion de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias neurodexenerativas – AFAL
(Milagros Prieto Gondell, presidenta de AFAL)
Obxectivos: realización de diversos programas relacionados co Alzheimer, con atención a colectivos específicos ou de carácter informativo, e interese xeral. En concreto, o convenio inclúe a cobertura dun mínimo dunha praza nun Centro de Dia a xornada completa, ou duas prazas a media xornada. Tamén atención ás familias, cursos de formación para a poboacion de Narón, e actividades de divulgación e información.
Achegas do Concello: unha achega económica de 6.000€ (que serán aboados en dous prazos), e o asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Municipal.
Achegas de AFAL: infraestructuras e locais de AFAL Ferrolterra, e persoal.
Asociacion de Loita contra os Malos Tratos (ALMAT)
(Carmen Lopez Diaz, representante de ALMAT)
Obxectivos: programa de atención e apoio ás mulleres víctimas da violencia doméstica ou maltrato de calquera índole. En concreto, desenvolveranse programas de asistencia psicolóxica e xurídica, acompañamento das victimas en xestións, e localización e tramitación da Casa de Acollida.
Achegas municipais: unha achega de 1.500€ (aboados en 2 prazos) e asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Muncipal.
Achegas de ALMAT: infraestructuras e locais.
Asociación Nuestra Señora de Chamorro
(José Manuel Rodríguez Ameneiro, presidente da asociación)
Obxectivos: realización de diversos programas de atención ós discapacitados. En concreto, programas de carácter ocupacional, programas de ocio e tempo libre, e colaboración e apoio nos programas municipais para discapacitados físicos e/ou físicos.
Achegas municipais: unha achega de 1.500€ (abonados en dous prazos) e o asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Municipal.
Achegas da asociación: persoal cualificado para o desenvolvemento dos programas e servizos conveniados, infraestruturas e locais da asociación e asesoramento técnico ó Concello na materia do convenio.
FORMACION LABORAL:
Asociacion de Economia Social Briante
(Manuel Rivera Iglesias, representante da asociación)
Obxectivos: programas de orientación laboral e apoio ao pequeño comercio
Achegas municipais: unha achega económica de 3.000€ (que se abonaran en 2 prazos), e asesoramento técnico do Servizo Comunitario Municipal.
Achegas da asociación Briante: cedera as infraestructuras e locais da sua asociación e o asesoramento e colaboración para o apoio a programas municipais de orientación laboral e apoio ao pequeño comercio.
ENSINO:
Colexio Rural Agrupado (CRA) de Naron
(Mónica García Lago, xefa de estudos do CRA)
Obxectivos: realización de programas de ensino incluídos no Plan de Centro do Colexio Rural Agrupado, sinaladas polo Consello Escolar.
Achegas municipais: 1.900 euros (abonados en 2 prazos) e asesoramento técnico do Servizo Sociocomunitario Municipal.
Achegas do CRA: infraestructuras e locais do CRA.
Ademáis, na mañá de hoxe tamén firmáronse outros dous convenios de colaboración coa Asociación de Veciños “Rosa dos Ventos” de Sedes, por importe de 4.000€, e coa Asociación de Xordos de Ferrol, por 1.300€.