Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O CONCELLO COLABORA CON 13.300 EUROS Ó PROXECTO DE RECONSTRUCCIÓN DE HAITÍ
A axuda faise a traves do Fondo Galego de Cooperación e permitirá formar á poboación en técnicas de construccións antisísmicas.
Narón, 22 de Novembro de 2010.- O Concello de Narón achegou durante este ano un total de 13.300 euros en concepto de axuda humanitaria ós damnificados polo devastador terremoto de Haití. A colaboración canalizouse a través do Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade, que ven de por en marcha unha intervención de post-emerxencia neste lugar. Estos cartos forman parte do 0,7% do orzamento base do Concello de Narón para axuda ó exterior. A iniciativa na que colabora o Concello de Narón financiase conxuntamente co Fons Catalá de Cooperació, e permitirá a reconstrucción do tecido institucional local en tres municiopios da fronteira nordeste de Haití (Carice, Vallières e Monbin Crochu, situados na fronteira nordeste coa República Dominicana). En concreto, o proxecto permitirá formar preto dun cento de persoas en técnicas de construcións antisísmicas e anticiclónicas en materiais tradicionais. O obxectivo principal deste proxecto é crear capacidades nos habitantes de Haití para mellorar a súas condicións de vida en equilibrio coa natureza, e así disipar os riscos e mitigar os desastres provocados polos fenómenos naturais na illa caribeña. Trátase, en definitiva, de apoiar ás institucións e ás organizacións sociais do lugar para fortalecer a súa capacidade de desenvolver plans de accións que disipen esa vulnerabilidade, aplicando políticas para o uso e ocupación do solo e sensibilizandos á cidadanía para unha axeitada xestión da terra. Para conseguilo, dunha banda impulsarase un programa intermunicipal de concertación de políticas públicas arredor de cuestións como a ordenación do territorio, a sostibilidade ambiental, o crecemento económico e a prevención de riscos. Tamén se adaptarán os plans de estudos que afectan aos 60 alumnos do Centro de Formación Profesional de Carice, de acordo aos novos retos nas disciplinas de agroecoloxía, construcción local adaptada, socioadministración e economía social. Ao mesmo tempo, coa axuda do Fondo Galego no Haití construirase un centro polivalente intermunicipal que servirá de espazo intercomunal para o desenvolvemento local. Construirase con materiais resistentes aos terremotos e furacáns, coma a arxila e o bambú. De xeito paralelo, impartirase un obradoiro sobre economía social e fortaleceranse as capacidades dos produtores coa plantación de bambú e outras especies vexetais, a transformación da arxila ou a reciclaxe de materiais para a construcción. A iniciativa cofinanciada en Haití polo Fondo Galego de Cooperación terá aínda un cuarto resultado. Crearase un sistema de información intercomunal en base á vulnerabilidade da población en relación aos riscos e desastres que implicará aos comités de Protección Civil de cada un dos tres municipios. En total, calcúlase que o proxecto completo repercutirá sobre preto de 500 beneficiari@s que se seleccionaron tendo en conta, entre outros, criterios de equidade territorial urbano-rural e de equidade de xénero. Son institucións, organizacións locais, profesionais e estudantes aínda que se considera que indirectamente os efectos positivos repercutirán sobre os 64.000 habitantes que suman os tres municipios nos que se actuará.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal