Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACION DO I FESTIVAL DE INVERNO NARON 2010
PRESENTACION DO I FESTIVAL DE INVERNO NARON 2010
Se celebra o 10 de decembro en Rio do Pozo, onde actuarán as orquestas Panorama e París de Noia.
Narón, 26 de novembro de 2010.- A Concelleira de Festas e Ocio de Narón, Mª del Mar Gómez, e dous representantes da Comisión de Festas de Castro (Francisco Peña e Victoria Castro) presentaron hoxe en rolda de prensa o I Festival de Inverno Narón 2010. Trátase dun evento organizado pola Comisión de Festas desta parroquia, no que colabora o Concello de Narón a través da cesión da parcela destinada ó estacionamento de camións no Polígono de Rio do Pozo (sector III) onde se instalará a carpa que acollerá o festival.

A data escollida para o mesmo é o venres 10 de decembro, e o programa da festa inclúe unha cea e un espectáculo musical a cargo das orquestras Panorama e París de Noia. Para asistir é imprescindible adquirir entrada, se ven a organización establece dous modalidades: entrada para a cea e o baile, ou só para este último.

Os tiquets para a cea-baile (menú: callos, costela ó horno con patacas, postre, café e chupito, e viño, auga e refrescos) custan 30€ e pódense adquirir ata o día 3 de decembro, nos seguintes lugares: Café Bar O Cruce (Castro), Cafetería Galaxia (Estrada de Cedeira, nº5), Cervecería Abaco (Rúa Magdalena, 81, Ferrol), Vinoteca Glub Glub (Piñeiros), Café Bar Juanjo (Freixeiro), Parrillada A Ponte (O Val), Café do Alto (Alto do Castiñeiro), Vinatería Mama Piana (A Carreira-Sequeiro), A Trasanquesa (Feira do Trece, Sedes) e Tropicana (As Pontes).

Os tiquets para o baile custan 8 € poderán comprarse na taquilla habilitada a tal efecto na propia carpa no que se celebrará o Festival de Inverno.

Está previsto que a actuación das orquestras comence entorno ás 23:30 horas. Tanto Panorama coma París de Noia ofrecerán ós seus seguidores unha actuación de 3 horas de duración cada unha (dividida en dous pases) e estrearán novos escenarios. Ó rematar, sobre as 6 da mañá, haberá unha discoteca móvil para continuar a festa.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal