Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
COMENZA A CAMPAÑA DE APOIO Ó COMERCIO LOCAL "COMPRANDO EN NARÓN, TI GAÑAS"
COMENZA A CAMPAÑA DE APOIO Ó COMERCIO LOCAL
Repartiranse 5.000€ en premios e 10 cestas de Nadal nos establecementos asociados a esta iniciativa, promovida polo Concello de Narón.
Narón, 1 de Decembro de 2010.- O Concello de Narón –a través da empresa Eventi- inicia hoxe a Campaña de Nadal destinada a fomentar as ventas do comercio local durante estas datas. Ata o momento, téñense adherido un total de 72 establecementos comerciais á campaña, que leva por título “Comprando en Narón, ti gañas” e que tamén busca a promoción da imaxe do comercio local, e o seu respaldo por parte do Concello.

Os comercios participantes dispoñen xa do material publicitario e das bolsas de tela (tense repartido 6.000 unidades) coas que obsequiarán ós seus compradores, ademáis das urnas para depositar as papeletas. Éstas se repartirán dende hoxe entre os clientes, e permitirán participar no sorteo de dous premios de 1.000€ e outros dous de 500€. Os sorteos terán lugar o dia 29 de decembro, e os vales se reinvertirán en compras nos establecementos adheridos á campaña.

Tamén se sortearán 10 cestas de Nadal –valoradas en 100 € c/u - que se adxudicarán cada martes e venres, a partires do dia 3 de decembro. A organización elixirá ó azar o establecemento no que se sorteará a cesta, repartindo entre os clientes que se atopen nese momento uns calendarios, sobre os que se realizará un sorteo aleatorio relacionado co número do cupón da ONCE.

A campaña “Comprando en Narón, ti gañas” tamén se dirixe ós propios comerciantes, que se convertirán en protagonistas do seu propio concurso. A empresa organizadora ten convocado un concurso de ambientación navideña dirixido a eles. Poden participar decorando os seus escaparates, o interior dos comercios e ata empregando musica ambiental e unha vestimenta propia desta época. Unha vez teñan a decoración rematada, deberán enviar un máximo de 3 fotografías ó correo do concurso (concurso@comerciodenaron.es) antes do dia 9 de decembro.

As imaxes se publicarán na paxina web de Eventi en Facebook, onde se votaran as mellores ideas. Os tres gañadores recibirán vales de compra de 300€, 200€ e 100€ respectivamente.

Os comerciantes que queiran sumarse á campaña de Nadal, de carácter gratuito, aínda poden facelo a través da páxina www.comerciodenaron.es ou ben a través da web do concello www.naron.es

O Alcalde de Narón, Jose Manuel Blanco, animou ós comerciantes que aínda non se sumaron a esta campaña a facelo, “para conseguir entre todos unha promoción aínda maior do comercio local. O rexedor lembrou que esta campaña é de carácter gratuito para os establecementos comerciais e que suporá unha boa promoción dos comercios, o cal cobra unha maior importancia no contexto de crise económica actual.

O Concello destinará un total de 24.000 euros (dos que 5.000€ son premios) a esta iniciativa de apoio ó comercio local de Narón. Paralelamente, estase a levar a cabo un Programa de Reducion de custos e formacion de PEMES dirixido a este colectivo, que conta cun orzamento doutros 21.000€. Dentro deste programa, fixéronse dúas reunións para informar sobre o contido da mesma, e perto de 20 empresas manifestaron o seu interese en participar no mesmo.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xullo 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal