Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AVANZAN AS OBRAS DE REHABILITACION DO ANTIGO MUIÑO DE XUVIA
AVANZAN AS OBRAS DE REHABILITACION DO ANTIGO MUIÑO DE XUVIA
O Concello agarda rematar en febreiro de 2011 a primeira fase dos traballos, centrados na consolidación da estructura e rehabilitación do tellado.
Narón, 1 de Decembro de 2010.- O Concello de Narón está a realizar na actualidade un conxunto de obras de conservación do antigo Muiño de Xuvia. O orzamento de licitación desta intervención é de 198.906 euros e o prazo de execución dos traballos é de seis meses. Agárdase que en febreiro de 2011 finalice esta primeira intervención, na que se están a asegurar os elementos para primar a seguridade do inmoble.

A primeira fase das obras, que se executa actualmente, consiste na limpeza –de xeito ordenado e coidadoso- do complexo, o desbroce da maleza e recuperación das posibles pezas caídas, o desmontaxe das cubertas parcialmente existentes e colocación de novas estructuras de madeira, e a consolidación dos muros exteriores –coa eliminación das pezas e materiais non orixinais, e o peche dos ocos exteriores para evitar o acceso ao interior-. Actualmente rematouse xa a rehabilitación exterior dunha parte do tellado, sustituíndo as vellas tellas por elementos novos.

O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, explicou que “con esta primeira actuación intentouse frear o estado de ruína e a posible caída de muros desta edificación, dado o estado de conservación no que se atopaba”, sinalou.

Os materiais orixinais son pedra de cantería de grao nos vanos e esquinais, e cachote nos paramentos, de granito, cuarcita e esquitos. Leva tella do país nas cubertas, e madeira de carballo ou de castiñeiro tratado para elementos estructurais de cuberta, vigas, pontóns, correas, tablazóns, armazóns e entramados de teitumes e cumbreiras. O Concello de Narón recuperará todas aquelas pezas estruturais que permitan a súa reutilización.

A compra do denominado “Complexo Fabril das Reais Fábricas da Ponte de Xuvia” por parte do Concello de Narón tivo lugar no ano 2009, despois dun longo proceso expropiatorio. O inmoble atopábase nun lamentable estado debido á súa antigüedade (data do século XVIII). Esta circunstancia fixo que o goberno municipal de Narón decidírase a actual de inmediato sobre o mesmo, realizando unha primeira intervención de urxencia e executando os traballos imprescindibles para obter a financiación necesaria para unha recuperación total do conxunto.

Este complexo fabril incluía ademais do muiño cerealístico, unha fábrica de laminados e unha factoría textil situadas nas construcións adxacentes. Ten un grande interés público, tanto polo seu significado histórico coma etnográfico, polo que se lles dará unha protección integral a todo o seu conxunto.O Muiño de Xuvia suma 1.268 m2 de superficie construída.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal