Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O ALCALDE E EDILES DA CORPORACIÓN COMPARTEN UNHA XORNADA EN CADEIRA DE RODAS
A iniciativa da Asociación Sociocultural de Minusválidos, e con motivo da celebración do Dia Internacional do Discapacitado.
Narón, 3 de Decembro de 2010.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e membros da Corporación Municipal de Narón acudiron esta mañá a unha convocatoria da Asociación Sociocultural de Minusválidos para realizar un percorrido en cadeira de rodas polo Centro Comercial de Narón. Esta proposta fíxose con motivo da celebración na xornada de hoxe do Dia Internacional das Persoas Discapacitadas. O rexedor puido comprobar de primeira man as dificultades que sufren a cotío as persoas que desprázanse en cadeira de rodas, xa que algo tan sinxelo como coller un artículo na estantería dun supermercado, por exemplo, pode resultar imposible debido á diferencia de altura. O percorrido polo centro comercial incluíu tamén unha parada nun caxeiro automático, a entrada nun aseo, e a baixada nas rampas mecánicas ata o parking. Este último traxecto foi o que máis dificultades tivo para os participantes nesta xornada. Finalizado o percorrido, o Alcalde de Narón calificou o paseo coma “unha experiencia moi dura, que serviunos para coñecer de primeira man os impedimentos da vida cotidiana que doutra forma non os poderíamos ver”. José Manuel Blanco declarou que “todos os cidadáns deberíamos pasar por estar experiencia para concienciarnos das dificultades que teñe este colectivo de persoas minusválidas” e lembrou que o Concello e a Asociación Sociocultural de Minusválidos están a traballar para ir eliminando as barreiras arquitectónicas. Non obstante, e tal e como indicou o Alcalde “nas cidades hai moitísimo mobiliario urbán que dificulta a movilidade das persoas que empregan cadeiras de rodas, coma as farolas ou as sinais verticais”, declarou. Finalmente, José Manuel Blanco abogou porque o conxunto da sociedade se conciencie cada vez máis da importancia de eliminar estos obstáculos.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal