Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO REALIZA OBRAS DE MANTEMENTO E MELLORA NOS PARQUES INFANTÍS DE NARON
O CONCELLO REALIZA OBRAS DE MANTEMENTO E MELLORA NOS PARQUES INFANTÍS DE NARON
Entre as actuacións previstas, contémplase a instalación de columpios especiais para nen@s de 1 a 3 anos.
Narón, 4 de Decembro de 2010.- A Concellería de Parques e Xardíns do Concello de Narón está a realizar obras de amaño e acondicionamento de diferentes parques do municipio. A intervención consiste en traballos de mellora dos xogos infantís e valado dos parques, así como o pintado dos mesmos.

Esta intervención realizarase nun total de 10 parques infantís e biosaludables de Narón, nos que se realizará unha inversión conxunta de 53.806 euros.

A relación de zonas nas que se está a actuar é a seguinte:

-Parque das Vivendas do Obispo 3.847 € (A Gándara)
-Parque das Vivendas de Amenadás 8.796 € (Freixeiro)
-Parque Biosaudable de Piñeiros 2.286 € (Piñeiros)
-Parque da rúa Bimbieiro 3.298 € (Freixeiro)
-Parque da Finca Federica 4.807 € (Santa Icía)
-Parques da Praza de Galicia 9.747 € (O Alto)
-Parque Biosaudable de A Solaina 2.515 € (A Solaina)
-Parque da rúa Mandeo 3.518 € (Freixeiro)
-Parque da rúa Pascual Veiga 3.609 (O Alto)
-Parque da Praza da Lectura * 11.383 € (O Alto)

*Neste último parque colocaranse ademáis 4 novos xogos infantís, para nen@s de 3 a 6 anos de idade.

Ademáis do amaño de elementos de xogo e o pintado e valado dos parques, dende a Concellería de Servizos adquiriuse novo mobiliario urbano para que nestos espazos de xogo infantil tamén poidan disfrutar os máis novos. Así, téñense adquirido catro columpios especiais para bebés de 1 a 3 anos de idade (asentos con arnés, tipo ban ban) que se instatalarán nos parques infantís con máis demanda de usuarios de Narón.

A maiores, o Concello tamén realizou nestas últimas semanas o acondicionamento de tres novas zonas verdes, situadas na Finca Permuy (A Gándara), na Rúa Santa Tecla (O Alto) e na Avenida Conde de Fenosa (Piñeiros). O coste total desta intervención ascendeu a 18.236 euros.

Con todas estas actuacións en marcha, o Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, declarou que o Concello de Narón “síguese a traballar na mellora da calidade de vida dos nosos veciños e veciñas, aumentando os espazos públicos de lecer e adaptándoos as necesidades da poboación”.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal