Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O MINISTERIO DE INDUSTRIA AUTORIZA Ó CONCELLO A POR EN MARCHA UNHA EMISORA DE RADIO MUNICIPAL
O MINISTERIO DE INDUSTRIA AUTORIZA Ó CONCELLO A POR EN MARCHA UNHA EMISORA DE RADIO MUNICIPAL
A licenza foi otorgada por este Ministerio en abril do ano 2009, tras o cal abriuse un prazo para a presentación e revisión do correspondente proxecto.
Narón, 7 de Decembro de 2010.- A Secretaría de Estado de Telecomunicacións e para a Sociedade da Información (dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio) ven de emitir unha resolución pola que se otorga a afectación demonial para uso privativo do dominio público radioeléctrico para a prestación do servizo de radiodifusión sonora en ondas métricas con modulación de frecuencia, de ámbito local, a favor do Concello de Narón. Esta comunicación foi recibida o pasado día 2 de decembro,

Esta orde supón que o Concello de Narón dispón xa da autorización precisa para a instalación e difusión dunha emisora de radio municipal, cuxa licenza foi otorgada polo Ministerio de Industria en abril do ano 2009. Agora, deberá abonar no prazo de 3 meses o justificante de abono da tasa (establecida en 100€ anuais) por reserva do dominio público radioeléctrico.

Antecedentes
O retraso na tramitación desta frecuencia radiofónica debeuse a que a Secretaría Xeral de Medios da Xunta de Galicia mantivo sen revisar o correspondente proxecto durante un ano. O Concello presentóuno ante a Xunta o 15 de agosto do 2009, e non tendo resposta algunha, solicitou en agosto de 2010 información sobre o mesmo.

Por parte da Secretaría Xeral de Medios aseguraron que aínda non tiveran tempo de revisalo e polo tanto non podería tramitalo á Secretaria de Estado de Telecomunicacións. O Concello de Narón recibíu finalmente un informe da Xunta de Galicia con data de 5 de outubro de 2010, no que se solicitan modificacións sobre dito proxecto.

Os cambios solicitados polo goberno autonómico non poden ser realizados, xa que no caso de levalos a cabo o proxecto non cumpriría coa normativa actual para a redacción de proxectos técnicos de radiodifusión. Tendo en conta estas circunstancias, o Concello dirixíuse directamente ó Ministerio de Industria para solicitar a súa mediación, co fin de que conseguisen eles mismos o proxecto para o seu estudio e aprobación, se correspondese.

A Subdirección Xeral de Planificación do espectro Radioeléctrico do Ministerio de Industria tivo en conta esta petición e reclamou á Xunta de Galicia dito proxecto, tendo entrada no Ministerio o pasado 10 de novembro de 2010.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal