Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DA ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL DE XUVIA FINALIZARÁN EN MARZO DO 2011
As obras están cofinanciadas polo FEDER, e o novo edificio dará servizo aproximado a 80 nen@s de 0 a 3 anos de idade.
Narón, 10 de Decembro de 2010.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, visitou hoxe as obras da Escola Infantil Municipal (EIM) de Xuvia, que estase a construir nunha parcela de propiedade municipal, con frente á estrada de San Xiao. O novo edificio constará dunha única pranta –con forma rectangular no frente e trapezoidal no fondo- de 671 m2 de superficie total útil, e a necesidade desta nova gardería (que convertirase na cuarta Escola Infantil Municipal de Narón) xustifícase na elevada demanda de prazas rexistrada nas tres garderías públicas existentes (A Solaina, Piñeiros, e A Gándara), que supera amplamente á oferta xa que actualmente están en lista de espera 147 nen@s contabilizando as solicitudes presentadas dentro do prazo establecido, para as tres EIM. DATOS DO PROXECTO O novo inmoble, ademáis de albergar as salas propias de cada grupo de idade (de entre 30 m2 e 40 m2 cada unha), disporá de unha sala de usos múltiples –que tamén poderá servir de comedor- maior de 30 m2, un patio de xogos maior de 75 m2, dous aseos para as aulas de 2-3 anos, vestiarios para o persoal, cociña e almacén. Tamén haberá un despacho de dirección, oficiña de administración e conserxería, sala de profesores, e cuarto de limpeza e lavandería. Unha vez que estea funcionando, estímase unha ocupación de entre 70 e 90 nen@s nesta EIM, distribuidos por idades en grupos de 0-1 anos, 1-2 anos, e 2-3 anos. Haberá dous unidades correspondentes a cada un dos grupos de idade. As obras están cofinanciadas polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) nun 70%, e o Concello de Narón aporta o 30% restante. O orzamento desta actuación ascende a 610.203 euros, e foi adxudicado á empresa Construccións Guerreiro Somozas S.L. O prazo de execución dos traballos é de cinco meses, e o Concello agarda que estean finalizados en marzo de 2011.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal