Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
ENTREGA DAS PRIMEIRAS CESTAS DE NADAL DA CAMPAÑA DE APOIO Ó COMERCIO
En total sortearanse 10 cestas nos comercios adheridos á campaña "Comprando en Narón, tí gañas"
Narón, 13 de Decembro de 2010.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, entregou xa as tres primeiras cestas que se sortearon dentro da campaña de apoio ó comercio local de Narón, que leva por nome "Comprando en Narón tí gañas" e que busca promover as ventas entre o comercio local. Ata o de agora, os establecementos nos que se sortearon as cestas foron os seguintes: -Óptica Valero (Rúa Murillo, 22 - O Alto). Data: 3 de decembro de 2010. Afortunado: Carlos Noche G. (Aparece na fotografía que acompaña esta noticia) -Electricidad Otero (C/ Reyes Católicos, 32, Santa Cecilia). Data: 7 de decembro de 2010. Afortunada: Nieves Carro. -O Tapiz (Carretera de la Gándara, 19-21). Data: 10 de decembro de 2010. Afortunado: Manuel Fernández. O sorteo da 4ª cesta de Nadal realizarase mañá, martes 14 de decembro. Despois sortearanse outras seis ata compretar as 10 cestas previstas na campaña. Os sorteos serán os luns e venres de cada semana, ata chegar á última cesta que se entregará o día 4 de xaneiro. Ademáis, está previsto o sorteo entre tódolos comercios participantes de dous 2 vales de compra de 1.000 euros, e outros dous de 500 euros. Tamén está convocado un concurso de ambientación navideña, dirixido ós comerciantes. Inclúe un 1º premio de 300 euros e un 2º premio de 200 €, e un 3º de 100€. Valoraránse os mellores escaparates ou interiores dos comercios. Dentro desta campaña tamén estanse a repartir bolsas co logo do Concello de Narón, entre os consumidores dos 83 comercios participantes.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal