Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE FESTAS DE NADAL NARÓN 2010
PRESENTACIÓN DO PROGRAMA DE FESTAS DE NADAL NARÓN 2010
Haberá festivais infantís, un encontro moteiro solidario, a festa de Fin de Ano, e un concerto de rock&roll.
Narón, 16 de Decembro de 2010.- A Concelleira de Festas e Ocio de Narón, Mª del Mar Gómez, presentou hoxe en rolda de prensa a Programación de Festas de Nadal que se desenvolverá dende o 26 de decembro ata o 5 de xaneiro en Narón.

As actividades están pensadas para tódolos públicos, e se desenvolverán baixo carpa climatizada na Praza de Galicia. O primeiro evento será o 2º Encontro Moteiro Solidario “Todos con una sonrisa” organizado polo Moto Club Fojeteiros (existe unha páxina en Facebook sobre este evento) e o bar Ruta 66 (C/Alcalde Usero, Ferrol), en colaboración co Concello de Narón.

Santi Galego, membro do Clube Fojeteiros, explicou hoxe o programa do evento, que ten como obxectivo final a recollida de xoguetes e especialmente alimentos, que se destinarán a Cáritas para o seu reparto entre as familias máis necesitadas. O encontro partirá do bar Ruta 66, realizando un percorrido aínda sen pechar por diferentes rúas de Ferrol e Narón, para terminar na Praza de Galicia.

Neste lugar, a partir das 18:30 horas, se desenvolverán unha serie de concertos musicais solidarios nos que participarán os grupos Que Cunda o Pánico!, La Durango Express, M&M,s Band, e El desván de Gloria. No transcurso dos mesmos realizarase un inciso (sobre as 20:30 horas) e será cando se entreguen a Cáritas os alimentos e xoguetes recadados. Santiago Galego fixo un chamamento á colaboración cidadá para donar “máis ben alimentos, xa que xoguetes estanse a recoller en boa cantidade. Precísanse alimentos básicos coma azucar, leite ou aceite”, sinalou. As doacións poden facerse nun espazo habilitado no Centro Comercial de Narón, no bar Ruta 66 ou ben o mesmo día do Encontro Solidario.

A programación de festas do Concello contempla a realización de Festivais Infantís dende o 27 de decembro ata o 4 de xaneiro na Praza de Galicia, en horario de 16:30 a 20:30 horas, seguindo este calendario:


Dia 27: Festival Infantil con atraccións inchables, toro mecánico e música. Reparto de caramelos e globos para os asistentes.

Dia 28: Pista de Kars a pedales, e atraccións inchables.

Dia 29: Atraccións infantís.

Dia 30: Obradoiros de maquillaxe, globoflexia, e manualidades navideñas. Festival Infantil co grupo Diver Show, no que actuarán os paiasos Flipi e Flopo.

Dia 2: Atraccións infantís.

Dia 3: Atraccións infantís.

Dia 4: Recibimento ós Reis Magos (ás 17:00 horas) e atraccións inchables.

Tódolos días haberá un mercadillo solidario promovido pola ONG Lena.

Ademáis, o Concello de Narón volve a organizar como de costume a tradicional Festa de Fin de Ano. Haberá unha carpa de 1.200 m2 de superficie, na que se instalarán mesas e cadeiras, ademáis dun servizo de cafetería, e calefacción. Actuarán as orquestras Foliada e Galilea, e sobre as 04:00 horas servirase caldo limpo. A entrada é de balde, e o Concello tamén cederá para esa noite o aparcamento subterráneo do Centro Comercial de Narón, situado baixo a Praza de Galicia.

Escomenzado o ano novo, celebrarase o dia 5 de xaneiro o concerto “Noite de reis, noite de rock and roll” no que actuará de teloneiro o grupo Riff Raff, e tamén participará outra banda aínda sen anunciar. Para asistir a este festival é preciso contar con invitación, que se entregará gratuitamente en tódolos locais de hostelería de Narón, xa que son os propios hosteleiros os que organizan o evento.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal