Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
O PARQUE TEMÁTICO DO MUNDO RURAL ALDEA NOVA ESTREA IMAXE CORPORATIVA
A web www.aldeanova.es inclúe tódala información relativa a este recinto.
Narón, 16 de Decembro de 2010.- O Concelleiro de Medio Ambiente de Narón, Manuel Ramos, e o responsable da empresa Terranova, Antonio Santoval, presentaron hoxe en rolda de prensa a nova imaxe corporativa do Parque Temático Integral de Desenvolvemento Rural “Aldea Nova”, situado en Sedes. A empresa Terranova resultou adxudicataria, recentemente, da explotación deste recinto xunto coa área recreativa do Muiño de Pedroso e do Río Xuvia, cuxa páxina web está en fase de creación. A web de Aldea Nova pretende achegar a tódolos cidadáns as actividades que se desenvolven neste espazo natural, co fin de captar visitantes non só de Narón e da bisbarra de Ferrolterra, senón de toda Galicia e incluso doutros puntos de España. O sitio web está visible nos enderezos www.aldeanova.es e www.aldeanova.com A páxina estructúrase en oito seccións, que son as seguintes: que é aldeanova?, servizos que presta, instalacións, equipo, cómo chegar, contacto, actualidade, e axenda. Nesta última se incluirán tódalas ofertas e convocatorias de programas e cursos que se realicen en Aldea Nova, coma o que se organizará esta mesma tarde sobre Manipulación de Alimentos. Ademáis, está previsto que a actividade de Aldea Nova increméntese notablemente a partires da primavera do 2011 cando se estree o novo edificio de aulas que estase a construir neste lugar, e que inclúe un planetario. Sobre as actividades previstas a corto prazo, destacan as colonias de Nadal que se realizarán nos vindeiros días, e un programa de senderismo pola comarca.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal