Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA CELEBRARÁ O 4º FESTIVAL SOLIDARIO DA ONG LENA
Participarán recoñecidos actores e actrices do panorama nacional, e haberá teatro, música e danza. Celébrase o dia 22 de decembro, e as entradas están xa á venta.
Narón, 16 de Decembro de 2010.- O Pazo da Cultura de Narón acollerá, o vindeiro mércores 22 de decembro ás 20:30 horas, un Festival Solidario promovido pola ONG Lena, con sede en Narón. Os beneficios deste evento destinaranse á axuda social que ofrece esta ONG ós nenos e nenas de Bahía (Brasil).

O prezo das entradas é de 8 euros, e poden adquirirse nas taquillas do Pazo en horario de 11:00 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas, de luns a venres. Na organización deste festival colabora o Padroado de Cultura do Concello de Narón. O Concelleiro de Cultura, Guillermo Sánchez Fojo, presentou hoxe o evento en rolda de prensa acompañado pola presidenta da ONG, Mercedes Taibo.

O elenco de artistas que participarán neste festival é o seguinte: Banda de Gaitas do Padroado de Cultura de Narón, Grupo de Danza Tradicional Alxibeira, Clube Acordes (ximnasia rítmica), Bailes de Salón, Obras Públicas (grupo musical e teatral), Jose Luis Prieto (dramaturgo, premio Max de Teatro), Flor Maceiras (actriz e directora da Escola de Teatro de Narón), Belén Constenla (actriz), Luis Zaera e Javier Gutierrez (actores).

A presentación correrá a cargo de Jose Luis Prieto e Belén Constenla, e o espectáculo consistirá nunha mistura entre teatro, danza e música. Ademáis, estrearanse dous sketchs escritos especialmente para a ocasión, e protagonizados por Flor Maceiras e Belén Constenla, e Luis Zaera e Javier Gutierrez respectivamente.

O festival, que este ano cumpre a súa 4ª edición, terá unha duración aproximada de 80 minutos.

A ONG Lena foi fundada en Narón no ano 2006, co obxectivo de financiar accións culturais e educativas dos nenos e nenas da rexión de Bahía. Desenvolve a súa actividade en colaboración coa ONG brasileña Graos de Luz e Grió, e beneficia a un colectivo aproximado de 150 nenos e xóvenes. Na actualidade, estanse a financiar 10 becas de estudios universitarios, e tamén subvenciona o traballo en forma de cooperativa de xóvenes de 16 a 24 anos, centrado no turismo e na construcción de obxetos con papel reciclado.

Para máis información, pódese consultar a web da ONG Lena: www.onglena.org




Últimas novasu Tódalas novas

<<< Abril 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
7
8
9
10
11
13
14
15
18
20
21
22
24
25
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal