Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
AMPLIACIÓN DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS "ECOESCOLA" EN ALDEA NOVA
AMPLIACIÓN DO PROGRAMA DE ACTIVIDADES MEDIOAMBIENTAIS
Ofrécese un segundo turno, do 3 ó 5 de xaneiro. As inscripcións poden realizarse no Concello ata o 27 de decembro.
Narón, 21 de Decembro de 2010.- A Concelleira de Ensino e Igualdade de Narón, Mª del Carmen Espada, informou hoxe da ampliación do programa Ecoescola ós primeiros días do ano 2011. Inicialmente, o Concello de Narón tiña convocado este programa de actividades medioambientais en Aldea Nova do 27 ó 30 de decembro de 2010, pero ante a existencia de prazas libres decidiuse amplialo ós días 3, 4 e 5 de xaneiro de 2011.

Os interesados en participar neste segundo turno (nen@s de 3 a 12 anos de idade) deberán formalizar a inscrición no Rexistro Xeral do Concello ata o dia 27 de decembro. O programa Ecoescola está dirixido a familias que precisan conciliar o traballo co coidado dos seus fillos e fillas en períodos de vacacións escolares do Nadal.

O prezo do programa é de 15 euros, e inclúe o xantar e o desprazamento ó parque temático integral do mundo rural Aldea Nova (Sedes). Existen unha serie de prazas reservadas para nen@s do programa de inclusión social, que non deberán abonar coste algún.

A Ecoescola se desenvolverá en horario de 7:30 a 18:30 horas, e durante ese tempo os nenos e nenas realizarán actividades lúdicas e educativas, relacionadas co agro, o medioambiente e a cultura, o que lles permitirá adquirir novos coñecementos de xeito divertido.

Relación de actividades incluídas na Ecoescola do Nadal 2010:

-Xogos tradicionais (a chave, a rá, os birlos, o aro, as buxainas)

-Enerxías renovables (experimentar e aprender coas novas tecnoloxías, cociñas na cociña solar, facer motores…)

-Astronomía (identificar as diferentes constelacións, planetas e demais obxectos do ceo no planetario inchable ou no mesmo ceo cos telescopios…)

-Pegadas, rastros e sinais (recoñecer animais de diferentes maneiras sen necesidade de velos, e obradoiros de pegadas dos animais)

-Agroecoloxía (labores na horta de forma ecolóxica e tradicional)

-Supervivencia (saber orientarse no medio físico)

-Cometas (aprender a facer cometas)

-Gandeiría (coñecemento e coidado dos animais de granxa)

-Etnografía (historia e tradicións de Galicia aproveitando a reprodución do castro, da mámoa ou a casa-museo)

-Cociña (facer o pan no forno tradicional de leña, facer o queixo…)

-Reciclaxe artístico (elaborar obxectos partindo de elementos de refugallo, por exemplo construción de monicreques…)

-Construción de xoguetes (xoguetes tradicionais galegos e outros)

-Candeas (realizar velas con paneis de abellas)

.Xabón (realizar xabón a partir de elementos reciclados e naturais)



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Decembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
6
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
24
25
26
28
29
30
31
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal