Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ORGANIZA UN PROGRAMA DE EDUCACIÓN FÍSICA SAUDABLE EN NOVE PARROQUIAS DE NARÓN
O CONCELLO ORGANIZA UN PROGRAMA DE EDUCACIÓN FÍSICA SAUDABLE EN NOVE PARROQUIAS DE NARÓN
Téñense organizado nove grupos distintos, nos que participan 150 persoas.
Narón, 21 de Decembro de 2010.- A Concelleira de Participación Cidadá de Narón, Natalia Hermida, presentou hoxe en rolda de prensa o programa Educación Física para unha activación saudable. Trátase dunha iniciativa que se está a realizar en 9 parroquias e barrios de Narón, dende o día de onte e ata maio de 2010. Terá lugar nos locais sociais municipais e pavillóns polideportivos municipais, así como en parques biosaludables e espazos ó aire libre cando o tempo así o permita.

Trátase dunha iniciativa que se pon en marcha tomando como exemplo programas realizados noutros anos por outras concellerías, como o programa Consanar. A nova proposta recolle liñas dese programa pero aporta tamén aspectos novos, coma o colectivo ó que vai dirixido. O Concello pretende con esta iniciativa a promoción da saúde e os estilos de vida saudables.

Así, segundo explicou a Concelleira de Participación Cidadá, téñense organizados 9 grupos distintos cun total de 150 persoas, ás que se ofrecen diversas actividades relacionadas co sendeirismo, a ximnasia de mantemento, a alimentación, o exercicio en parques biosaudables, e outros hábitos de vida axeitados. “Estas actividades están abertas a toda a cidadanía, independentemente da idade e dende o Concello pretendemos contribuir a mellorar a calidade de vida dos nosos veciños e veciñas”, sinalou Natalia Hermida.

A actividade constará de 2 sesións de 60 minutos á semana, en días alternos en cada grupo. Formáronse grupos nas diferentes parroquias do Concello: Piñeiros, O Val, San Mateo, O Alto, A Gándara, San Xiao, Xuvia, Sedes e Pedroso.

O programa de Educación Física para unha Activación Saudable está financiado integramente polo Concello. Para máis información ou inscricións, pódese chamar ós teléfonos do Servizo Sociocomunitario Municipal 981 33 77 00 / extensións 1113 ou 1103.


Descarga de archivos
CRONOGRAMA PROGRAMA ACTIVACION SAUDABLETamaño: 707,50 KBDescargar


Últimas novasu Tódalas novas

<<< Setembro 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
4
5
7
8
9
10
11
12
14
15
16
19
21
22
23
25
26
28
29
30
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal