Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O CONCELLO ASINA TRES CONVENIOS CON ENTIDADES SOCIAIS PARA AXUDAR Á TERCEIRA IDADE E Ó POBO SAHARAUI
O CONCELLO ASINA TRES CONVENIOS CON ENTIDADES SOCIAIS PARA AXUDAR Á TERCEIRA IDADE E Ó POBO SAHARAUI
O Alcalde asinou os acordos coa Residencia San José de Hermanitas de Anciáns Desamparados (Piñeiros), a Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, e a Fundación Terra de Trasancos (O Val).
Narón, 30 de Decembro de 2010.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, asinou hoxe en nome do Concello tres convenios de colaboración coas seguintes entidades sociais: Residencia San José de Hermanitas de Anciáns Desamparados (Piñeiros), Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, e a Fundación Terra de Trasancos (O Val).

No primeiro caso, o convenio asinado corresponde á entidade Residencia San José de Hermanitas de Anciáns Desamparados, ubicada na parroquia de Piñeiros. A Superiora do centro, Cándida Vilariño Vilariño, representou a esta agrupación, que desenvolve un programa de actuacións no eido dos servizos sociais.

En concreto, esta entidade presta o servizo de acollemento temporal de anciáns sen medios económicos que non dispoñan de fogar axeitado e que sexan derivados polos Servizos Sociais do Concello. Para este fín, o Concello fará unha achega económica de 1.300€ anuais.

O segundo convenio asinado hoxe foi coa Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharaui, para axuda humanitaria. A representante en Narón desta entidade, Mª Teresa Martínez Pagán, asinou o acordo que permitirá a realización do programa de axuda humanitaria “Caravana pola paz”. Trátase dunha iniciativa que consiste na entrega de axuda alimentaria e productos de primeira necesidade ós refuxiados saharauis, nos seus campamentos.

Esta iniciativa se realiza mediante a compra de alimentos e produtos de hixiene e saúde en Alxeria, que xunto cos doados pola xente, serán transportados en vehículos alugados ata o Campamento de refuxiados saharauis. O Concello de Narón realizará unha achega de 4.000€ contemplados neste convenio.

Finalmente asinouse un convenio coa Fundación Terra de Trasancos para a posta en funcionamento dun parque biosaudable, que se ubicará nunha parcela da fundación, en O Val. O presidente desta entidade, Manoel Dopico Rodríguez, asinou este convenio co Concello de Narón que realizará unha achega de 4.000€ para a construcción deste espazo, actualmente en construcción.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xaneiro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
 
   
 
Concello de Narón - Aviso legal