Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
RECEPCION INSTITUCIONAL Ó ALCALDE DE AGÜIMES (GRAN CANARIA)
Este municipio foi o creador do Festival Internacional de Narración Oral, que agora celebráse tamén en Narón.
Narón, 15 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, ofreceu hoxe no Concello unha recepción institucional ó Alcalde de Agüimes (Gran Canaria), Antonio Morales, ó ser este municipio o creador do Festival Internacional de Narración Oral no seu formato orixinal, que este ano celebra a súa 20ª edición. Na recepción tamén participaron os Concelleiros de Cultura de Narón e de Agüimes, Guillermo Sánchez Fojo e Francisco González, respectivamente. Ademáis, estivo presente o xerente da productora teatral “Unahoramenos”, Mario Vega, compañía encargada da producción deste festival. O Alcalde de Narón fíxolles entrega de varios obsequios, entre eles o libro institucional “Narón, terra de futuro” e unha serie de grabados do escultor portugués afincado en Narón, Manuel Patinha. Este fin de semana Narón acolle a 2ª edición do Festival Internacional de Narracion Oral “Conta con Narón”, no que se misturan a palabra e o relato, nunha historia que se conta e que se escoita. Os protagonistas proceden de tres continentes e se achegaron a Narón para percorrer as diferentes parroquias do municipio cos seus monólogos, no día de onte. Hoxe pola mañá alguns deles fixeron unha sesión de contacontos especial, dirixida ó público infantil, e pola tarde (ás 20:00 horas) daranse cita os seis narradores para ofrecer o seu espectáculo no Pazo da Cultura. Os protagonistas son os seguintes: Felix Albo, Aldo Méndez, José Campanari, Pep Bruno, Candido Pazó, e Paula Carballeira.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal