Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A POLICIA LOCAL SOLICITA A COLABORACIÓN CIDADÁ PARA ATALLAR OS ROUBOS DE CABLE DE TENDIDO ELECTRICO
No ano 2010 foron sustraidos perto de 25.000 metros de cable de cobre, principalmente nos polígonos industriais e paseos marítimos.
Narón, 15 de Xaneiro de 2011.- A Policía Local de Narón reclama a colaboración cidadá para poder atallar –ou polo menos limitar- os robos de cable de tendido eléctrico que téñense producido ó longo dos últimos meses. Segundo datos do Concello de Narón, neste municipio foron sustraídos máis de 25.000 metros de cable no ano 2010, que tivo que ser reposto pola Concellería de Servizos ó tratarse do cable das farolas que dá servizo eléctrico. A Policía Local solicita á cidadanía que, no caso de observar algunha actividade sospeitosa, dean aviso ós teléfonos 092 ou 091, aportando os datos que poidan ser de interese coma matrículas de automóviles, aspecto físico ou vestimenta dos indivíduos sospeitosos de estar realizando esta práctica. Para abordar polo miudo esta problemática, onte (14/01/2011) celebrouse na Comisaría de Policía de Ferrol-Narón unha reunión entre o Comisario Xefe da mesma, Simón Sabaríz, e o Xefe da Policía Local de Narón, Eduardo Pita. Entre os acordos acadados nesta xuntanza, estableceuse o reforzo dos servizos de vixianza policial, especialmente pola noite, con dispositivos de control de vehículos e persoas. No caso de Narón, a sustración de cable de cobre téñese detectado en diferentes puntos do municipio, coma os paseos marítimos de Xuvia e A Gándara, os polígonos industriais de Rio do Pozo e As Lagoas, e mesmo o entorno do Pazo da Cultura. A este respecto, o Alcalde de Narón sinalou que existe “unha preocupación polos problemas que esta situación pode xerar en peóns ou vehículos, ó quedar esas zonas sen luz”. Por este motivo, José Manuel Blanco fixo un chamamento público en busca da colaboración cidadá “para que estas actuacións poidan atallarse”, concluíu.

<<< Abril 2024 >>>

LMMXVSD
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
naron.gal