Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
A ESTRADA MIGUEL DE CERVANTES PÉCHASE Ó TRÁFICO PARA REFORMAR A PONTE SOBRE O RÍO FREIXEIRO
Trátase dunha actuación cofinanciada polos fondos Feder, que se realizará nun prazo de dous meses.
Narón, 17 de Xaneiro de 2011.- A estrada Miguel de Cervantes permanecerá pechada ó tráfico rodado dende o vindeiro 20 de xaneiro, por mor das obras de reforma da Ponte que cruza sobre o Río Freixeiro, xa que debido ás chuvias inúndase con frecuencia. Dende esa data e durante os vindeiros dous meses, non estará permitida a circulación de vehículos nesta estrada, pero sí poderán transitar –co debido cuidado- os peóns. A Policía Local de Narón suxire ós conductores empregar outros viais alternativos para chegar á Estrada de Castela dende O Cadaval, coma as rúas Areosa ou Santiago. Esta obra será cofinanciada entre os fondos FEDER da Unión Europea e o Concello de Narón, cun orzamento total de 400.298€. Os traballos consistirán na reconstrucción da ponte sobre o río, proporcionándolle maior altura sobre o mesmo e disminuíndo o punto de inflexión actual. Deste xeito, o paso do río Freixeiro sobre a nova ponte será máis amplio o que evitará a contención de augas en épocas de crecida, que provocaba frecuentes inundacións. O obxectivo desta obra é a mellora do entorno natural e a calidade medioambiental, evitando as inundacións sobre as terras colindantes e incrementando a seguridade vial do lugar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal