Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
INAUGURACION DO PRIMEIRO PARQUE INFANTIL PARA BEBÉS DE 0 A 3 ANOS
Sitúase no barrio de A Gándara, entre as rúas Eduardo Pondal e Rosalía.
Narón, 21 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e concelleiros de goberno municipal, inauguraron hoxe xunto con representantes da Asociación de Veciños de A Gándara o primeiro parque infantil específico para bebés, que está ubicado dentro dunha nova praza, na esquina entre as rúas Eduardo Pondal e Rosalía. Trátase dunha actuación financiada con fondos do Plan E, cun investimento de 122.380€ e un prazo de execución de seis meses. As obras, realizadas pola empresa Cosmabe 2006, comenzaron o 29 de xuño de 2010 finalizando o 28 de decembro do pasado ano. Ahora este novo parque ven a sumarse ós novos espazos públicos que foron creados nos últimos dous anos en Narón. “Forma parte da nosa idea de embelecer a cidade, acondicionando novos espazos públicos e zonas verdes ó longo das diferentes parroquias e barrios do municipio”, declarou o Alcalde, José Manuel Blanco. O rexedor destacou ademáis as características do novo parque infantil, cun perímetro pechado para a seguridade dos nenos e nenas que xoguen no mesmo, e diversos elementos de xogo coma un columpio con arnés, dous balancíns, un mini xogo de escalada e unha mesa con dous bancos, todo elo adaptado á estatura dos menores. “Debemos de ser un dos poucos concellos da provincia que teñen tanta sensibilidade coa infancia, a xulgar polo número de escolas infantís municipais e tamén pola cantidade de parques de xogo que habilitamos para eles”, sinalou José Manuel Blanco, recalcando que este é “o primeiro parque público infantil específico para bebés”. Este parque infantil atópase dentro dunha nova praza que, en conxunto, suma 1.500 m2. Inclúe un espazo de lecer para adultos con diverso mobiliario urbán (6 bancos, 5 papeleiras, 8 farolas de grandes dimensións) e 10 novas árbores.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21
22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
naron.gal