Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PORTAL WEB DA CONCELLERÍA DE MOCIDADE REXISTROU PERTO DE 15.000 VISITAS DURANTE O ANO PASADO
O PORTAL WEB DA CONCELLERÍA DE MOCIDADE REXISTROU PERTO DE 15.000 VISITAS DURANTE O ANO PASADO
No enderezo www.dameuntoke.naron.es ofrécese información sobre emprego e vivenda, entre outros temas.
Narón, 26 de Xaneiro de 2011.- A Concelleira de Mocidade de Narón, Natalia Hermida, ofreceu hoxe unha rolda de prensa para facer un balance das actividades levadas a cabo durante o ano 2010 nesta área. Dos diferentes recursos que o Concello de Narón ten para achegar información e comunicarse coa mocidade, os que máis demanda tiveron foron a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX), as redes sociais e a páxina web.

Así, a edila detallou as consultas atendidas pola OMIX durante o ano pasado, que en total sumaron 4.712. A maioría delas producíronse no segundo semestre do ano (2.800 consultas), realizándose as restantes (1.912) no primeiro semestre. As preguntas principais da mocidade que acudíu á OMIX foron sobre emprego, estudios, formación e bolsas e axuda.

Ademáis, outro dos canles máis empregados pola xuventude para comunicarse coa Concellería de Mocidade foi o portal web interactivo dameuntoke (www.dameuntoke.naron.es) que rexistrou 14.557 visitas no ano pasado. Tamén as redes sociais tiveron unha elevada participación en canto a seguidores, xa que o Facebook de dameuntoke contabilizou un total de 1.730 usuarios ata o día de onte. “Isto para nos é un éxito porque estamos a chegar directamente á mocidade de Narón a través destos canles”; asegurou a Concelleira de Mocidade, Natalia Hermida.

Na actualidade tamén está en marcha outra rede social, Twitter, de comunicación coa xuventude naronesa, tendo actualmente 36 usuarios xa que fai pouco tempo que votou a andar.

Respecto ás actividades promovidas por esta área de goberno municipal, Natalia Hermida destacou que foron 41 os alumnos/as que pasaron pola Escola de Música Moderna, ademáis de 7 grupos que empregaron as Aulas de Ensaio no 2010. Outro dos eventos con máis seguidores foi o Encontro Local da Mocidade, no que participaron 380 mozos e mozas, nas diferentes actividades ofertadas.

A Concellería de Mocidade tamén realizou no ano pasado colaboracións na Concentración Moteira ‘Cidade de Narón’ onde os grupos noveis que ensaian nas Aulas de Ensaio da Casa da Mocidade tiveron un espazo para actuar. Ademáis, realizáronse obradoiros de educación para a saúde e educación comunitaria nos colexios e institutos do municipio, nos que se abordaron dous temas principais: a prevención das drogas e a educación afectivo-sexual.

Por outra parte, Natalia Hermida presentou o terceiro número da revista Dameuntoke, de periodicidade trimestral e cunha tirada de 1.000 exemplares. A mitade dos mesmos se repartirán nos IES de As Telleiras e Terra de Trasancos (a alumn@s de 3º e 4º da ESO, e 1º e 2º de Bacharelato) e dos colexios Ayala, O Feal, Jorge Juan e Santiago Apostol (3º e 4º da ESO). O resto dos exemplares estarán a disposición pública nos edificios e instalacións municipais (Concello, Pavillón Polideportivo A Gándara, Casa da Mocidade, Pazo da Cultura,etc..).

O terceiro número da revista Dameuntoke incorpora información sobre emprego, vivenda e redes sociais, ademáis dun breve resumen de temas puntuais e recursos que se poden atopar no Concello. “ É unha publicación cercana á mocidade, coa que pretendemos achegarlles tódalas actividades que facemos e os recursos que teñen ó seu alcance” concluíu Natalia Hermida.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Outubro 2018 >>>

LMMXVSD
1
2
3
5
6
7
8
9
10
12
13
14
17
19
20
21
23
24
26
27
28
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal