Concello de Narón
  • Concello de Narón
  • El tiempo en Narón
  • Entrada a Naronmail
Noticias
MAIS DUN MILLAR DE PERSOAS RECIBIRON FORMACIÓN LABORAL DO CONCELLO NOS ÚLTIMOS CATRO ANOS
Actualmente están solicitados 11 cursos á Xunta e o Concello programa outras 28 accións formativas para este ano 2011.
Narón, 28 de Xaneiro de 2011.- O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e o Concelleiro de Formación Laboral e Emprego, José Luis Suárez, ofreceron hoxe unha rolda de prensa para facer un balance das accións formativas dirixidas a desempregados/as que se levaron a cabo no Concello de Narón dende o inicio desta lexislatura. Ademáis, avanzaron os cursos programados para este ano 2011, cuxa realización dependerá en boa medida das axudas que conceda a Consellería de Traballo da Xunta de Galicia. ANO 2010 Sobre esta cuestión, o Alcalde de Narón agarda que o goberno autonómico teña en conta as cifras de desemprego (hai perto de 3.300 parados) e a crise económica actual á hora de conceder a este municipio máis cursos que o ano anterior. No 2010, o Concello solicitou á Xunta de Galicia 11 itinerarios formativos dos que foron concedidos tan so 3, dando formación a 45 alumn@s nas especialidades de Electricista de edificios, Electronicista básico de edificios, e Soldador de estructuras metálicas lixeiras. Ademais destas accións formativas, o Concello desenvolveu no 2010 un total de 32 cursos propios, nos que participaron 433 alumn@s, en materias relacionadas coa informática, a construcción, os servizos, o medioambiente, e a hostelería principalmente. En conxunto, entre ambas administracións déuse formación a 478 persoas no ano pasado. ANO 2011 De cara a este ano 2011, o Concello ten solicitados á Xunta de Galicia 11 cursos “ e agardamos que teñan a vontade política de concedernos máis dos tres que nos deron o ano pasado”, declarou o Alcalde, José Manuel Blanco. As especialidades solicitadas son: Soldador de Estructuras Metálicas Lixeiras, Electricista de edificios, Caldereiro tubeiro, Atención sociosanitaria a persoas no domicilio, Electronicista básico de edificios, Operacións de fontanería e calefacción-climatización doméstica, Montaxe de mobles e elementos de carpintaría, Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais, Limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais, Operacións auxiliares de montaxe de redes eléctricas, e Coidador de discapacitados físicos e psíquicos. O Concello está pendente da concesión destas peticións, entre marzo e abril de 2011. O investimento previsto para a súa realización ascende en conxunto a 600.000 €, unha cantidade similar á do ano pasado, cando a Xunta aportou un total de 350.000€ nas tres accións formativas concedidas. Ademáis destas especialidades, o Concello realizará por cuenta propia outros 28 cursos, nos que investirá 130.000€ -unha cantidade similar á do ano anterior-. “Para un concello coma o noso, esta aportación supón un esforzo importante que merece a pena porque sirve para potenciar a preparación e a especialización profesional dos desempregados”, sinalou o Alcalde. Nos cursos que se desenvolverán este ano, agárdase a participación de 309 persoas, nas seguintes especialidades: Confección e amaños, Alfabetización dixital, Módulo laboral de medioambiente, Prevención e saúde laboral, Curso básico de construccións metálicas, e Curso básico de fontanería e calefacción. Os cursos básicos son ofertados polo Concello a aquelas persoas que non teñen unha especialización previa, e son imprescindibles á hora de optar a outros cursos da Xunta de Galicia. ANOS 2007-2011 Respecto ós últimos catro anos, o Alcalde de Narón ofreceu os datos de participación de persoas nestos cursos, que ascenderon a 1.138 alumn@s de entre 16 e 50 anos de idade. En conxunto celebráronse 108 cursos, cunha duración total de 16.700 horas. A inversión total para levalos a cabo ascendeu a 2.188.000 € dos cales 530.000 € foron aportados polo Concello e os 1.658.000 € restantes a Xunta de Galicia. Cursos concedidos pola Xunta de Galicia Ano 2007- 4 concedidos- 60 alumn@s Ano 2008-6 concedidos- 90 alumn@s Ano 2009- 10 concedidos-150 alumn@s Ano 2010-3 concedidos-45 alumn@s O Alcalde de Narón explicou que o número de cursos concedidos pola Xunta de Galicia veuse reducido do ano 2009 ó ano 2010, aínda que o número de horas de formación foi similar.

<<< Marzo 2024 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
7
8
9
10
11
12
13
14
15
16
17
18
19
20
21 22
23
24
25
26
27
28
29
30
31
Eventos do Concello
naron.gal