Concello de Narón
Espa�ol
Entrada a Naronmail
 

Deportes Cultura
Deportes Cultura
Policía Local de Narón dameuntoke
Policía local Mocidade
Concellería de Igualdade Biblioteca de Narón
Igualdade Biblioteca de Narón
Turismo de Narón Do berce á rúa
Turismo Do berce á rúa
Outras webs Narón, Cidade Fidalga
Outras Webs Narón, Cidade Fidalga
Novas
 
O PAZO DA CULTURA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O CENTENARIO DA LIÑA DE FERROCARRIL BETANZOS-FERROL
O PAZO DA CULTURA ACOLLE UNHA EXPOSICIÓN SOBRE O CENTENARIO DA LIÑA DE FERROCARRIL BETANZOS-FERROL
Pode visitarse ata o día 15 de febreiro, en horario de mañá e tarde, e con entrada libre.
Narón, 31 de Xaneiro de 2011.- O Pazo da Cultura de Narón acolle do 1 ó 15 de febreiro unha exposición organizada pola Asociación Ferrolterra de Amigos do Ferrocarril (AFAF), con motivo do centenario da entrada en funcionamento da liña do ferrocarril Betanzos-Ferrol. O Alcalde de Narón, José Manuel Blanco, e diferentes representantes da Corporación Municipal, asistiron onte á inauguración desta mostra, na que se conmemora a creación desta liña férrea, cuxa entrada en servizo tivo lugar o 5 de maio de 1913.

Para celebrar o seu centenario, tense creado un comité integrado polos concellos de Betanzos, Paderne, Miño, Pontedeume, Cabanas, Mugardos, Fene, Neda, Narón e Ferrol –municipios polos que discurre a liña- e a AFAF, de cara á programación de actos conmemorativos coma esta exposición que recala en Narón, logo de haber visitado Betanzos.

A mostra permanece aberta ó público, con entrada de balde, no seguinte horario:

-Mañás: de luns a sábado de 11:00 a 13:00 horas
-Tardes: de luns a venres de 17:00 a 20:00 h. e sábados de 16:00 a 19:00 h.

Dende a Concellería de Turismo do Concello de Narón estanse a programar visitas guiadas para colexios, asociacións ou colectivos interesados en asistir. Para reservar cita ou consultar calqueira dúbida, pódese chamar o número de teléfono municipal 981 337 700 (extensión 1517) ou enviar un correo electrónico á conta turismo@naron.es

A mostra inclúe fotografías dende 1896 ata 1960, polo que se trata dunha retrospectiva da historia do ferrocarril entre Betanzos e Ferrol. Tamén se complementa con material histórico que, segundo os organizadores, é digno de ver. Dende a AFAF fíxose un chamamento á cidadanía que poida ter obxetos ou material fotográfico para incluir nesta exposición itinerante.



Últimas novasu Tódalas novas

<<< Xu�o 2018 >>>

LMMXVSD
 
1
2
3
4
5
6
8
9
10
11
12
13
15
16
17
20
22
23
24
26
27
29
30
 
Eventos do Concello
   
 
Concello de Narón - Aviso legal